9 nov 2010

O INSECTICIDA DDT



O DDT comezou a utilizarse como insecticida en 1939 (descuberto por Müller, quen recibiu o Premio Nobel en 1948). Ó principio o seu uso evitou moitas mortes, ademais da protección das colleitas e do aniquilamento de insectos domésticos. Pero descubríronse importantes problemas, o máis importante foi a acumulación do veleno ó longo da cadea trófica. Por exemplo, o DDT que se estende sobre un cultivo encóntrase nunha concentración baixísima nas plantas pero, nos insectos que se alimentan destas, está máis multiplicado. Dende o meu punto de vista, a concentración de veleno séguese multiplicando a medida que a cadea alimenticia avanza, chegando a conseguir, deste xeito, a extinción de animais. Ó meu entender foron 31 anos ata que foi prohibido mundialmente nos que se empregou dun xeito moi nocivo para os seres vivos. Sabendo isto, daríanlle o Premio Nobel a Müller?

6 comentarios:

  1. O premio novel tiñao merecido se o miramos dende o punto de vista de que foi un grande descubrimento (contras aparte), moitos dos inventos actuais tamén teñen moitas repercusions malignas, pero non deixan de ter unha utilidade importante, e un grande avance, posto que despois de isto, o insecticida foise mellorando ata conseguir un que non cause tantos danos (cousa que non seria posible sen este insecticida inicial de Muller)

    ResponderEliminar
  2. Polo que a min respecta, a atribución do premio nobel a Müller no seu momento, foi un feito totalmente xustificado, xa que non estaban comprobados os nocivos efectos secundarios deste insecticida. O que si cabe mencionar, é que deberian someter a unha investigación exaustiva este tipo de productos antes de quitalos ao mercado, xa que está en perigo a saúde dos animais, do medio e, por suposto, a nosa.



    Patricia Añón, 1º A

    ResponderEliminar
  3. Se as cosecuencias do DDT foran descubertas antes de comezar a usar o insecticida sería un erro moi grande cederlle o Premio Nobel a Müller, ademais de que, posiblemente,este xa non sería un candidato válido para dito premio.
    Pero se non seu momento non atoparon razóns para non cederlle o premio ao descubridor do DDT, non vale de nada arrepentirse agora das decisións tomadas no pasado.

    ResponderEliminar
  4. Este artigo ten unha actitude completamente científica. Digo esto porque o artigo esta redactado nunha linguaxe precisa e inequívoca, é dicir, que esta ao alcance de que todo o mundo a entenda. O segundo dato no que me apoio é que as conclusións baséanse en feitos, observacións e experiencias (suponse que para que afirmen que se acumula o veleno ao longo da cadea trófica, é porque se realizaron investigacións que o demostran). No último dato no que me apoio é en que este artigo se basa en interpretar a realidade, xa que estamos a falar dun artigo no que se espón un caso real e científicamente comprobado. En canto a se se lle debía de conceder o premio Nobel a Müller penso que no momento no que llo deron considerouse que o merecía, xa que no momento no que llo deron so se coñecían as consecuencias positivas deste producto. Este é un claro exemplo no que se reflexa o continuo avance da ciencia.
    María Corbelle 1ºA

    ResponderEliminar
  5. A Patricia.
    Eso é o que di o Principio de Precaución. Non comercializar nada ata que demostre que non fai dano pero ti defendes o contrario no caso do DDT. Comercializouse porque non se demostrou que era malo.

    ResponderEliminar
  6. Para nada defendo o contrario, simplemente afirmei que a atribución do premio nobel a Müller foi xustificada no seu momento, pero que antes que sacar a venda calquer produto, este debe ser sometido a eshaustivas investigacións (co cal defendo o Principio de Precaución).

    Patricia Añón Varela, 1º BAC A

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?