Mostrando entradas con la etiqueta astronomía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta astronomía. Mostrar todas las entradas

27 ene 2017

A vida dos planetas.

A vida dos planetas conta de unha forma amena e instructiva a historia do noso Sistema Solar. Sondas e naves espaciais, dende o Sol ata o cinturón de Kuiper pasando por planetas, lúas e incontables asteroides, se che interesa a historia da nosa pequena conquista do espazo, este é o teu libro.

20 mar 2015

Eclipse Solar. 20 Marzo 2015


Mostrovos aquí arriba unha foto sacada hoxe dun eclipse solar. Explicarei a continuación cómo se saca unha foto deste tipo:

Tendo en conta que o sol é unha fonte de luz extremadamente potente, a exposición luminosa que imos a ter na imaxe vai ser grande. Para expoñer correctamente a foto debemos: utilizar un filtro oscurecedor (DM, cristal oscuro, gafas de sol...) enfrente do obxectivo da nosa cámara. Esta foto debe sacarse en modo manual ou M, existente nalgunhas cámaras compactas e en tódalas reflex dixitais.

O modo M permítenos axustar os valores da cámara, neste caso para esta foto empreguei unha velocidade de obturación 1/4000 seg. e unha apertura f/10. Ademáis usei o enfoque manual, e un trípode para evitar vibracións.

En resumo, é unha foto sinxela de sacar, sempre e cando dispoñamos unha cámara controlable manualmente, e non facelo en automático.

De todas formas, nesta zona tivemos mala sorte ao estar o ceo cuberto, e só poder sacar fotos de cando en vez.

25 ene 2015

21 ene 2015

O Universo para curiosos


Este libro está formado por catro partes nas que cada unha delas fala de cousas distintas e moi variadas. Neste caso a parte que lin foi a parte dous : “ O sistema solar” , no que trata de temas coma os planetas e o que podemos encontrar en eles , fala da astroloxía e astronomía. Foi un libro que me gustou bastante e para lelo non tes que entender moito sobre o universo xa que podes entender sen problema a maioría das cousas e aumentan bastantes os teus coñecementos. Hai algo que c pode resultar algo complicado, é que en cada parte fala de moitas cousas. Recoméndollo a calquera persoa que queira saber un pouco máis sobre estos temas.
Noemí Sequeira

30 nov 2014

Astronomía como campo profesional

Se hai algún campo profesional onde ainda quede moito por descubrir esa é a astronomía. Para os amantes desta ciencia, aquí unha oportunidade a adicarse a ela. Institutos de Astronomía xunto con científicos falan e informan sobre un 5% do universo composto por átomos, xa que o 95% restante non se coñece ainda. O sol non é un único obxecto nin tampouco o centro da galaxia, as estrelas non son todas iguais, e o máis impresionante, existe un número infinito de universos? Parece que esta labor vai destinada aos futuros astrónomos. Se tardamos 400 anos en coñecer un 5% do universo, canto tempo lle teremos que adicar ao resto que nos queda por descubrir?

Fonte
http://www.lja.mx/2014/11/grandes-oportunidades-profesionales-para-jovenes-si-se-desempenan-en-la-astronomia/

28 nov 2014

A vida dos planetas


"Aos que aínda non temos a oportunidade de ser astronautas, podémonos conformar con este libro, que nos levará de viaxe a todos os planetas do noso Sistema Solar e poderemos botar unha ollada ao que hai máis alá del"

25 nov 2014

INTERESTELLAR (peícula)

Película de ciencia ficción inspirada no traballo do físico teórico Kip Thorne, e trata nun segundo plano, pero con importancia para a comprensión do desenrrolo das accións, as teorías da física cuántica, relatividade...e outras teorías físicas da actualidade. Na película Mostranos o interior dun burato negro, a viaxe ao seu centro, un burato de verme (warm hole) os efectos da dilatación do tempo, os efectos da ruptura do espazo-tempo...

Unha película que dura pouco menos de 3 horas e, sen duda, fantástica para pasar un bo rato aprendendo, divertindose... e para algúns incluso chorando!

Máis info : Preme aquí

Máis curiosidades 


11 nov 2014

Encontran os buratos negros mais grandes do universo


Un equipo de astrónomos estadounidenses encontraron os maiores buratos negros descubertos ata a data. Tratase de dous xigantes cunha masa equivalente a 10.000 soles. E o mais sorprendente é que siguen crecendo. Cal cres que pode ser a súa orixe?


26 oct 2014

Manual del cielo y sus mitos

Non o busques na biblioteca é máis fácil de atopar na aula virtual.