Mostrando entradas con la etiqueta Proteínas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proteínas. Mostrar todas las entradas

18 jun 2017

Galicia pioneria en descubrimento de fármacos

Neste artigo fálanos de que a maioría dos fármacos que tomaremos nun futuro serán obra galega. É nesta comunidade onde se descobren as dianas sobre as que se debe traballar e é logo noutros lugares onde se crea físicamente o fármaco, debido á falta de empresas farmaceuticas na comunidade.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/201
7/06/12/galicia-cuna-nuevos-farmacos/0003_201706G12P2991.htm
.

17 jun 2017

Unha futura cura para o Alzheimer?

Científicos de Suíza e EEUU realizaron uns estudos cun anticorpo chamado aducanumab o cal reduce os depósitos da proteína que dificulta a relación normal entra as neuronas do noso corpo e que podería causar o alzheimer. Este aínda segue en etapa de proba pero os resultados do estudo realizado foron moi alentadores-

2 jun 2015

CPEB

A produción das proteínas que reforzan as sinapses está controlada por unha encima chamada CEPB que ten unas propiedades excepcionais e é capaz de dar lugar á memoria. Como é que pode dar lugar á memoria? Son bos ou malos os prións? Poderiamos aumentar a nosa memoria se quixeramos con esta encima?

Páxinas interesantes
http://www.economist.com/node/2312990/print?Story_ID=2312990 

7 may 2015

O neno bolboreta




A epidermólisis bullosa é unha enfermidade rara,en que  a piel é extremadamente fráxil.É unha das condicións xenéticas máis escasa e dolorosa.Estas persoas teñen un defecto que afecta ás proteínas que fan a argamasa,polo que a piel é moi sensible.


Poderíanse substituir estas proteínas por outras capaces de resistir ser ter ningún efecto colateral? 


24 abr 2015

Adeus a unha etapa da vida






Un equipo do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas descubriron  que unha proteína que activa a produción de nucleótidos mostrouse capaz de revocar os síntomas da vellez prematura en ratos.
Deixará de existir a vellez?

21 nov 2014

Ser propenso á depresión depende dunha soa proteína. Os suxeitos do experimento: ratóns

A "Escuela Icahn de Medicina del Monte Sinaí" (EEUU) fixo un estudo con ratóns e determinou que a depresión débese exclusivamente a unha proteína (a beta-catenina) que se expresa no cerebro e conta con moitas funcións biolóxicas importantes.Os científicos expuxeron aos suxeitos (ratóns) a "estrés social crónico" descubrindo que esta proteína accionaba a resistencia. A parte do grupo que tiña activada esta proteína estaba protexida contra o estrés e os que non a tiñan activa mostraron signos de depresión no seu comportamento.
Esta pode ser unha vía para crear novos antidepresivos que activan os mecanismos de resistencia natural


A pregunta é: Realmente poden considerarse o experimento realizado como válido?, tendo en conta que os ratóns non son seres racionais e non poden espoñerse a "estrés social crónico" nin mostrar "signos de depresión".

21 may 2014

Descuberta unha linguaxe oculta no ADN humano


Investigadores de EEUU descubriron “un segundo código escondido no ADN” humano que obliga a revisar, por exemplo, mutaciones detectadas e descartadas como culpables de producir tumores.
Unha das linguaxes describe cómo fabricar as proteínas,e a outra linguaxe comunicaría á célula cómo controlar os sus xenes.
¿Axudará isto a comprender mellor certas enfermidades?

Fonte: http://esmateria.com/2013/12/12/descubierto-un-lenguaje-oculto-en-el-adn-humano/

29 abr 2014

Os arándanos e o alzhéimer


 Investigadores de Memorial University of Newfoundland (Canadá) fan un estudo con moscas da froita. As moscas alimentadas con arándanos viven máis e melloran certos problemas. Isto débese ás  propiedades desta froita sobre a alfa-sinucleína, proteína clave no desenvolvemento do párkinson. De se aplicar un tratamento con arándanos en humanos, lograriamos curar a enfermidade?

Fontes: http://www.medciencia.com/se-puede-tratar-el-parkinson-con-arandanos/

http://www.apratuc.com.ar/Noticia-614/investigacion-el-arandano-protegeria-contra-el-parkinson.html

10 abr 2014

Posible cura á dexeneración macular asociada á idade?


Pequenas doses dunha proteína do sistema inmune (interleucina IL-18) poden ser boas contra a dexeneración macular asociada á idade. Esta, causa o 90% dos casos de cegueira. De seren certos estes resultados, o tratamento da enfermidade pasaría de efectuarse cando está avanzada a poder tratala de xeito preventivo. Suporá isto a cura definitiva da enfermidade?

Fontes: http://www.geteyesmart.org/eyesmart/diseases-es/degeneracion-macular-relacionada-con-la-edad/tratamiento.cfm
http://www.cirugiaocular.com/index.php/la-vision/retina-vitreo/degeneracion-macular.html

22 ene 2014

A célula primitiva



As primeiras hipóteses sobre a orixe da vida foron dadas por Oparín e Haldane. Eles plantexaron que grazas a un periodo de evolución química se crearon as primeiras células. Estas, estaban compostas por un metabolismo sinxelo e serian heterótrofas anaerobias. Pero para que puideran evolucionar era necesario crear descendencia, o que implica resolver a seguinte cuestión: como se formaron ADN, RNA e proteinas?


17 jun 2013

Descobren unha proteína da boa memoria

Os recordos proveñen da sinapse das células da memoria, é dicir da unión dos extremos entre estas. Canto máis fortes son estas unións máis durarán estes recordos. Pero quen se encarga de realizar esta unión?
 Uns científicos de California publicaron na revista Nature o seu último hallazgo, unha proteína que ao ser estimulada mediante a aprendizaxe acumúlase no lugar de futura unión das células e regula todo o proceso. Esta proteína, chamada Arc, podería ser moi útil na solución dalgunhas enfermidades, xa que aquelas persoas que teñen alzheimer carecen do código xenético necesario para fabricala.
 Seríamos capaces, mediante a biotecnoloxía, de implantarlle ese código a xente que carece del?
FONTES: