18 nov 2014

Sonda aterriza nun cometa

O 12 de novembro do 2014 e por primeira vez na historia, unha sonda, a Philae aterrizou con éxito nun cometa, o 67P, o que supón un avance na exploración espacial.
Con ela preténdese, por exemplo, comprobar se algúns elementos, como a auga, chegaron á Terra cos impactos de cometas, amais de ampliar o que sabemos acerca do Sistema Solar. Para isto, enviaríanos información sobre o cometa durante tres ou catro meses, se a misión, que xa tivo algún contratempo, ten éxito.
Desvelará esta sonda información que contradiga os paradigmas actuais?
Fonte: http://www.abc.es/ciencia/20141112/abci-alminuto-aterrizaje-rosetta-cometa-201411121105.html
http://img.irtve.es/imagenes/impresion-artistica-philae-sobre-nucleo-67p-churyumovgerasimenko/1391617046705.jpg

1 comentario:

¿Estás seguro de que queres comentar?