Mostrando entradas con la etiqueta engano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta engano. Mostrar todas las entradas

28 nov 2014

É a mitoloxía unha ciencia?


É un conxunto de mitos relativamente cohesionados. Os mitos son uns relatos que forman parte dunha determinada relixión ou cultura. Unha ciencia trata temas sobre a natureza e o que nos rodea porén, non pode ser ficción e ten que haber probas que poidan demostrarse. Poden ser demostrados cientificamente mitos como o de Perséfone que intenta explicar o cambio de estacións?

Fontes
http://es.wikipedia.org/wiki/Mitolog%C3%ADa
Libro Filosofía y ciudadanía da editorial Edebé.

Páxinas interesantes

21 nov 2014

A astroloxía é unha ciencia?


É un conxunto de coñecementos que intentan relacionar as características dunha persona co seu signo zodiacal (posición dos astros no momento do nacemento). Chega a ese coñecemento mediante a observación dos astros. As ciencias non son de carácter máxico, subxetivo ou mítico. Dado esto, é certo que alguén que nace baixo o signo de tauro vai ter un carácter paciente ou que o dun piscis será tolerante?

Fontes:

A fisiognomía é pseudociencia?


É un estudo basado na idea de que coa apariencia externa dunha persoa, sobre todo a súa cara, pode coñecerse o carácter ou personalidade desta. Dá teorías pero non probas, emprega linguaxe científica (só en aparencia) e esixe que se recoñeza o seu carácter científico ante o público xeral. Entón, podemos saber realmente a personalidade dunha persoa se ten a cara redonda, cadrada, etc?

Fontes:

27 oct 2014

PARAPSICOLOXÍA



A parapsicoloxía é unha ciencia alternativa, ou o que é o mesmo, pseudociencia, que estuda os fenónemos
paranormales como a percepción extrasensorial, a telequinesia, a clarividencia, o espiritismo ou o poltergeist.
Dende o ano 1996 a fundación James Randi ofrece un millón de dólares a quen consiga demostrar un solo fenómeno paranormal como os anteriormente nomeados.
Será posible contactar cos mortos? Terá a nosa mente poder para mover cousas? Debería o goberno invertir en parapsicoloxía?

FONTE: www.mundoparapsicologico.com/

22 oct 2014

Reiki

O reiki é unha práctica considerada como pseudomediciña complementaria e alternativa, que afirma acadar a cura ou equilibro do paciente por medio da imposición das mans do practicante, tanto en enfermedades físicas como psicolóxicas, canalizando certa "enerxía vital universal". Na actualidade faise uso desta terapia nunha minoría de hospitais.
Como é posible que aínda considerándose pseudociencia se empregue nalgúns hospitais? Tal vez teñamos máis poder de curación nós ca mente  que a propia mediciña?

Fonte: http://es.wikipedia.org/wiki/Reiki

15 oct 2014

REFLEXOLOXÍA PODAL.



Que maravilloso sería poder curar calquera dor tan só cunha masaxe nos pés. Si, nos pés. Segundo a reflexoloxía zonas do noso corpo como o lombo, a cabeza, os riles... están refletidos en concretas zonas dos pés, a partir disto, aplicando presión nestos puntos concretos dos pés podemos calmar a dor en calquera outra zona do corpo. 
A verdade é que non existe ningunha proba nin estudo que poida confirmar que a reflexoloxía funciona, pero hai xente moi convencida de que esta terapia alternativa lle axudou a calmar algunha dor, aínda que o máis posible e que só sufran o efecto placebo. 
Debería a seguridade social financiar estas prácticas ou, pola contra, deberían ser consideras un timo e ser prohibidas?

FONTE:http://salud.bioetica.org/reflexologia.htm