Mostrando entradas con la etiqueta Sol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sol. Mostrar todas las entradas

20 mar 2015

Eclipse Solar. 20 Marzo 2015


Mostrovos aquí arriba unha foto sacada hoxe dun eclipse solar. Explicarei a continuación cómo se saca unha foto deste tipo:

Tendo en conta que o sol é unha fonte de luz extremadamente potente, a exposición luminosa que imos a ter na imaxe vai ser grande. Para expoñer correctamente a foto debemos: utilizar un filtro oscurecedor (DM, cristal oscuro, gafas de sol...) enfrente do obxectivo da nosa cámara. Esta foto debe sacarse en modo manual ou M, existente nalgunhas cámaras compactas e en tódalas reflex dixitais.

O modo M permítenos axustar os valores da cámara, neste caso para esta foto empreguei unha velocidade de obturación 1/4000 seg. e unha apertura f/10. Ademáis usei o enfoque manual, e un trípode para evitar vibracións.

En resumo, é unha foto sinxela de sacar, sempre e cando dispoñamos unha cámara controlable manualmente, e non facelo en automático.

De todas formas, nesta zona tivemos mala sorte ao estar o ceo cuberto, e só poder sacar fotos de cando en vez.

25 nov 2014

Manchas solares


Son enormes tormentas magnéticas que se producen na axitación da superficie do Sol. Moitos científicos investigaron sobre como influían no noso planeta e nas nosas vidas. Poden as manchas solares influír  no clima como pensaba Jonathan Swift ou no precio do trigo como afirmara William Herschel?

Fontes
Hathaway Nancy, El universo para curiosos. Editorial Crítica.

Páxinas interesantes
https://www.youtube.com/watch?v=OpFs2Jw8IQ8

19 ene 2014

Porque cando vemos o sol nos dan ganas de estornudar?


Isto recibe o nome de estornudo fótico e ocórrelle a un 15 ou 25% das persoas. O estornudo fótico considerase un factor de risco para pilotos de combate polo que se aconsella non voar a quen sufra isto. Isto suponse que sucede despois de 5 minutos de adaptación á escuridade. Dise que se transmite xenéticamente cun 50% de posibilidades de ser herdado. Crese que existe unha relación entre un nervio (trixémino) e o nervio óptico que transmite impulsos visuais ao cerebro. A sobreestimulación do nervio óptico dispara o nervio trixémino, provocando o reflexo de estornudar coa luz. Outra teoría di que as bágoas filtradas cara o nariz polo conducto nasolacrimal son unha causa do reflexo. A rápida velocidade a que se produce este, fai que a primeira teoría teña máis apoios que a última. Atribúes este feito á ciencia ou á pseudociencia?

Fontes:


http://www.planetacurioso.com/2010/10/29/por-que-cuando-vemos-el-sol-nos-dan-ganas-de-estornudar/


http://blogs.elpais.com/la-doctora-shora/2011/08/estornudos-de-cara-al-sol.html

28 nov 2013

Cometa ISON






Un novo cometa, de nome ISON (International Scientific Optical Network) pasará moi cerca do Sol, e debido á incríble forza solar, mesmo podería chegar a desfacerse. Esta chegada agárdase para finais de ano e moitos afirman que podería  brillar máis que a Lúa. A chegada deste cometa xa desatou todo tipo de teorías apocalípticas. Cres que desta vez será certo que o mundo se achega ó seu fin?

O cometa Ison vs o Sol

O próximo 28 de novembro ás 19:25, o cometa Ison realizará o seu máximo acercamento ao Sol. Se é capaz de sobrevivir á calor, á gravidade e á radiación será visivle a partir da primeira semana de decemro e permitirá obter información sobre o seu material máis primitivo e menos modificicado. Ademais, se sobrevive, o 26 de decembro poderémolo observar nun bonito espectáculo cando pase á mínima distancia da Terra. Estoupará este cometa cando se aproxime ao Sol?
Se queredes ver o cometa poderédelo facer durante estes días sobre unha media hora antes do mencer, mirando cara o leste; a simple vista se vos atopades en lugares moi escuros e sen Lúa ou senón por medio duns prismáticos, dun telescopio ou fotografiándoo.

Fonte: http://www.abc.es/ciencia/20131125/abci-cometa-ison-juega-este-201311251313.html
http://www.abc.es/ciencia/20131119/abci-localizar-cielo-cometa-ison-201311191417.html

25 nov 2013

Invertimento magnético do Sol.








A nosa estrela está a punto de invertir o seu campo magnético. Trátase dun fenómeno que ocorre cada 11 anos (aproximadamente) no que as manchas solares desintégranse e o campo magnético desprázade dende o ecuador ata un dos polos. En consecuencia a este desprazamento, o actual campo magnético queda erosionado pero colócase na polaridade oposta. Predín que nos aparellos electrónicos se poderían dar fallos, pero poderíalle afectar dalgún modo ás persoas ou aos animais este invertimento magético?