“100 mitos de la ciencia” é
un libro que lle recomendo a todo tipo de persoas, persoas curiosas, observadoras, orixinais,… a todas as persoas
lle interesara, xa que incorpora información das que nos creemos verdades
certificas e que a única verdade é que non son máis que mitos, que co paso do
tempo a xente foi adquirindo como un coñecemento seguro e fiable. Foise
transmitindo de xeracións en xeracións ata que ninguén se parou a pensar, se realmente coa lúa chea nacen máis nenos, se o
estado anímico pode curar o cáncer, ou
mesmo se o cabelo e as uñas seguen
medrando despois de morrer. Está claro que a nosa falta de coñecementos nos fai
máis propensos a crer que moitos deses mitos son verdade, pero certo é que ao
acabar de ler cada unha das explicacións dos mitos dixen: non puido ser que
estivera enganada tanto tempo, é o mais curioso e que non son a única persoa.
Por iso é un libro adaptado a todo tipo de persoas aparte de moi doado de
comprender, ordenados os mitos segundo o tema o que pertenzan. Tamén é de dicir
que os mitos que mais chaman a atención ao meu parecer son os que teñen
relación coa vida cotidiá das persoas (En nadal
aumentan o numero de suicidios, os arrefriados cáusaos o frío, o cáncer
de mama solo afecta as mulleres…) que por exemplo os mitos sobre o espazo ou
sobre os científicos ( os científicos son xente estraña, no zodíaco hai doce
signos, os científicos son persoas obxetivas…) xa que poden estar mais
interesantes para as persoas que estuden
ciencias e teñan relación con elas. Pero en conclusión, este libro non
defraudara a ninguén, e ata a persoa máis “pasota” e bohemia do mundo
encontrara unha ración de coñecementos que lle pareceran interesantes e
atractivos.
Hace 8 horas
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?