Unha vez superada a proba inicial da primeira avaliación, chega o momento de evolucionar. Neste novo trimestre as entradas deben cumprir unhas condicións máis estritas que na avaliación anterior:
- O tema de todas as entradas debe estar relacionado coa evolución ou coas pseudociencias, os temas que trataremos nesta avaliación.
- Calquera entrada que copie fragmentos da fonte será desestimada.
- Todas as entradas deberán dar lugar a unha polémica referida á controversia ciencia-pseudociencia ou a relación dos avances científicos coa sociedade.
- Lembrade que os comentarios tamén se valoran.
- As entradas deben ser curtas e incluír hipervínculos, etiquetas e, algo moi importante, referencias que nos permitan analizar as fontes de cada entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?