En
realidade, non é que as nubes
teñan formas, senon que a nosa mente produce un efecto chamado
pareidolia,
é decir, é un fenómeno psicolóxico que consiste en que un
estímulo vago e aleatorio (xeralmente unha imaxe) percibímolo con
formas que nos parecen coñecidas, pode ser un animal, un obxecto ou
incluso unha persoa, aínda que xeralmente adoitamos
asociar as nubes con forma de animais.
O
fenómeno da pareidolia pode ocorrer de forma natural, como por
exemplo nas nubes, ou de forma artificial, como por exemplo cando un
pintor oculta na súa obra algunha forma case imperceptible
na auga ou a codia dunha árbore.
Será
por iso que a xente ve extraterrestres por todas partes? E vou máis
aló, a xente que asegura ver ovnis
e ser abducido non será producto da imaxinación polo fenómeno da
pareidolia?
Agora
chegou o voso turno, deixade a imaxinación voar e buscádelle
sentido as nubes que vexades, aínda que se non vos apetece
achegarvos a unha fiestra podedes comezar por esta...
Eu
xa lla atopei, podes ti?
Fontes
Pode ser que os ovnis que ve a xente sexa causado por este fenómeno, ou simplemente queren eles crer que o son, e iso xa non sería pareidolia, se non forzar a mente a obter estas imaxes mentais.
ResponderEliminar