8 feb 2011

Xullo 1969

25 comentarios:

  1. a verdade que é fascinante como unha pluma nunha caixa chega ao mesmo tempo ao chan que un libro na mesma caixa.Eu pensei que ía polo dos pesos,pero xa aclarou que non. Pois si,o home tivo que estar na lúa logo polas probas das sombras,das pedras etc que dou este señor.
    Bo vídeo!
    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  2. A verdade e que é un tema moi interesante, pero que ainda está sen solucionar, porque é probable, que se chegase a lua, pero por moitas probas que se fixesen ninguna fixo correcta a hipotese de que si se chegase co que hay demasiadas dudas para saber se se chegou a lua ou non; ainda que na miña opinión penso que non se chegou; pero que estariamos facendo hoxe en dia se non se cuestionase se o home chegou a lua ou non??? Este video fai reflexionar sobre a chegada a lua, ademais de ser entretido, pero as respostas dos universitarios non me pareceron moi convincentes.
    Ana Belén Iglesias 1ºD

    ResponderEliminar
  3. Que está por solucionar?
    Hai algún argumento válido que demostre é mentira que o home estivera na Lúa?
    A túa opinión é contraditoria (gústame o vídeo pero non é correcto?, os universitarios non son convincentes?

    ResponderEliminar
  4. A min pareceume que non estaban convencidos, sobretodo cando ningun levantou a man para decir que si o home houbese chegado a lua. Seguramente eu este equivocada pero esa é a miña opinión. Non dixen que o video non fose correcto, só dixen que as respostas dos universitarios non me pareceron convincentes porque dudaban bastante do tema, sobretodo cando se lles preguntaba e xa non sabian que argumentos dar sobre o tema.
    Ana Belén Iglesias 1ºD

    ResponderEliminar
  5. Repito Ana Belén
    Que está por solucionar?
    Hai algún argumento válido que demostre que é mentira que o home estivera na Lúa?

    ResponderEliminar
  6. Non, e como ti ben dixeches hoxe, se non hai probas a hipotese cosiderase correcta, e ata que apareza outra que a contrarie e anule debemos considerala correcta, por moi falsacionista que eu sexa.
    Ana Belén Iglesias 1ºD

    ResponderEliminar
  7. Que está por solucionar?:Que se demostré que o home foi realmente a Lúa.
    Hai algún argumento válido que demostre que é mentira que o home estivera na Lúa?: Hai algún argumento a favor ademáis de un vídeo dubidoso e unha posible trama do goberno? recordemos que había unha competición coa antiga URSS pola carreira espacial
    Nota: Que conste que eu creo que si chegaron a Lúa.
    Unha hipótese pode ser que despóis de 40 anos de avances científicos, podería incluso pensarse que sería doado volver a Lúa, ¿por qué entón non volven? unha posible resposta é que como xa foron, o seguinte reto e viaxar a outro planeta, como Marte.
    J. Meis

    ResponderEliminar
  8. Os teus argumentos non son falsacionistas, excepto igual este último comentario

    ResponderEliminar
  9. Boas, despois de probas evidentes, e das cales descoñecía, teño claro que o home si foi á Lúa, debemos de ser críticos co que dicimos e non falar por falar, catedráticos e demais no vídeo explican claramente como foi, todas as dúbidas que se podían ter están plasmadas no vídeo, polo cal non hai máis que dicir, gústenos ou non. É un vídeo excelente.
    O único polo que quero facer unha crítica é polo feito de que non se volva á Lúa, se as potencias mundiais gastasen menos en guerras e demais tonterias e gastasen ese capital en ir á Lúa, iría a cousa ben mellor, claramente iso non interesa, pero é o que hai, vivimos nunha sociedade de ignorantes na que me incluio, grazas polo vídeo.

    Pablo Mancebo 1ºD

    ResponderEliminar
  10. Pareceume un video moi interesante e que me fai dubidar sobre a miña crenza(que o home non chegou á lúa)xa que a proba sobre o conflicto político entre EE.UU e a URSS e a carreira por chegar á lúa é un argumento bastante contundente xa que como dixo a catedrática o máis lóxico se isto fose un fraude é que a URSS o denunciara internacionalmente e dessprestixiara así aos Estados Unidos.
    Pero sempre me queda a dúbida de que poidese haber un pacto económico entre ambos...
    Algo que me bota para atrás é o moment cando Aldrin golpea a un periodista por facerlle xurar se a chegada a lúa foi verdade,pode ser que esconda algo..
    Creo quue os únicos que sabense foi certo ou non son eles e só eles teñen a resposta.

    ResponderEliminar
  11. Un video moi bo, no que se demostra en varias ocasións, que todas as probas que algunhas persoas ofrecen para demostrar que o home non foi á Lúa, teñen unha fácil explicación científica. A que máis me sorprendeu foi a das duas caixas, unha coa pluma e a outra co libro, que deixándoas caer dende a mesma altura, as duas chegan ó chan o mesmo tempo. Despois deste video, penso que non deberían quedar dudas de que o home foi realmente á Lúa.
    Manu 1ºA

    ResponderEliminar
  12. Antes de ver o vídeo nunca tivera ningún tipo de dúbida de que o home chegara a lúa naquel Xullo de 1969. Ó comezo de este, teño que dicir que si que me viñeron, xa que no comezo os argumentos a que todo era un montaxe sen explicar eran bastante convincentes. Como non, unha vez visto é obvio que si chegamos. É sorprendente como un neno da ESO acertara e que os universitarios non, xa que dous dos nenos da clase foron os que dixeron o das estrelas, que non se ven porque o haber moita luz non saen nas fotos. O final do vídeo coméntase o por qué houbo este tipo de conspiración, xa que se te interesas algo polo tema, vese claramente, como todos os argumentos son absurdos. Eu penso que por levar a contra. Simplemente porque sempre vai haber alguén que pense que o están estafando, e se ese alguén fai que moita xente pense igual, aí a temos, unha conspiración. O vídeo é moi entretido, convence perfectamente a todo o mundo que non sexa moi teimudo, que si se chegou a lúa.

    ResponderEliminar
  13. Pois eu si penso que o home chegou a Lúa, xa que temos varias probas que o demostren, ainda que segue habendo moitas persoas que non o crean. Estas deberían dar os seus argumentos porque seguro que teriamos unha resposta lóxica que probe que estes se equivocan. Ademáis, non deberiamos dicir que algo é certo ou non polo simple motivo de que nós non fosemos ou non?
    Un vídeo que fai pensar bastante, a verdade.

    ResponderEliminar
  14. Un pacto económico? E por que non cos extraterrestres? Quen es? Lembrade os anónimos que non podo puntuar comentarios que non sei de quen son.

    ResponderEliminar
  15. Estamos seguros de que podemos confiar nas autoridades que aparecen no vídeo?
    Esa é a idea de mañá?
    En quen debemos confiar? Miramos sempre a orixe da información que atopamos en internet? Wikipedia, elrincondelvago?
    Por que a xente confía máis en conspiracións raras que na ciencia?
    Lembrade argumentar ciencia-pseudociencia e que podedes traer toda a información que querades ao examen.

    ResponderEliminar
  16. Eu penso que sí chegamos á Lúa. Quédome co que dixo o reporteiro: entre un número tan grande de persoas, sería moi difícil gardar un segredo, fose cal fose.
    A xente dubida porque hai esa necesidade de dubidar. Creo que é moito mellor dubidar de algo a aceptalo tal e como se nos presenta sen contrastar a información con outras fontes.
    Ao principio, o vídeo incitoume un pouco a dubidar sobre a chegada do home á Lúa, pero, durante o transcurso deste, foron xogando cos meus pensamentos ata estar case totalmente segura de que o home sí pisou terreo lunar en Xullo de 1969.
    É un gran vídeo, moi entretido e didáctico. O que máis me gustou foi como xustificaban as razóns de que o home sí chegou á Lúa (a demostración da pluma e o libro, a das sombras, a videochamada con Pedro Duque para preguntarlle polo das estrelas nas fotos...).
    É unha mágoa que destinen tan poucos cartos á ciencia e os astronautas non poidan viaxar á Lúa a facer máis expedicións.

    ResponderEliminar
  17. Gustoume moito este vídeo polo feito de que eu si que cría que o home non chegara a lúa. Demostroume que o que eu pensaba era completamente pseudociencia porque eu pensaba que as miñas probas eran válidas, na que me fundamentaba eu era no de que a bandeira na lúa ondeaba pese a non haber vento,o problema era que nunca vira o vídeo da alunizaxe.
    Quédame engadir que unha compañeira dixo que os nenos da ESO si acertaran e os universitarios non. Como resposta a iso só digo que os universitarios demostraron ser científicos, pois o que buscamos os científicos é intentar falsar hipóteses e cantas máis cousas sabemos máis dubidamos de todo. Pois non era máis sinxelo enganar en moitas ocasións ós nosos avós que a nós ?
    Pablo Rodríguez 1ºB

    ResponderEliminar
  18. Temos probas de que o home foi a lúa e co que trata de decir o nadarrod do video rematamos de creer qeu foi certo,que o home pisou a lúa pero na miña opinión,o que lle pasa a xente e que a sociedade trata de confundilos e que existen pelícuas donde claramente se ve que son estudios de televisión e que non imitan a realidade senón que están mal feitos e a xente non acaba de crelo.
    Xulia Áñón Caamaño 1ºa

    ResponderEliminar
  19. Penso que si chegamos Lúa.
    Antes de ver o vídeo era das que pensaban que era todo un montaxe polas moitas páxinas de internet, artigos de revistas,... que o negaban, con probas como as citadas no video, a da bandeira, a das estrelas...pero neses artigos que eu lin non o probaban coa experiencia, simplemente se dignaban a contalo sen probas, e con argumentos como incitandonos a creelos porque tiñan que ser así e punto, non había descusión posible.
    Neste video experimentan as probas esas que negan que fumos a Lúa, e como podemos observar, todo encaixa, si fumos.
    A razón de non volver e tan sinxela como que non temos investimentos suficientes para permitirnolo, e iso acomapañado dos grandes riscos que se corren indo a alí.
    Sempre vai haber quen o critique e intente falsealo, xa sexa polo seu interés ou simplemente por crear polémica. O perodismo funciona así.
    O video gústome moito, esta moi ben fundado e non se fai aburrido en ningún momento e ademáis trata un tema moi interesante, produceme impotencia que non se invirtan máis cartos nestas cousas.
    Margot Varela 1ºC

    ResponderEliminar
  20. Pablo 1` B
    Debemos dubidar de todo par ser cient'ificos

    ResponderEliminar
  21. Margot
    Intentar falsear unha teor'ia con probas 'e estupendo, axuda a avanzar 'a ciencia.
    a cuesti'on 'e saber en quen confiar, que 'e unha autoridade nunha materia

    ResponderEliminar
  22. Cando unha persoa está disposta a coller información sen estar seguro de onde procede, podeese crer cousas como que o home no chegou a Lúa. Videos, ideas, rumores... fan que un no poida crer na existencia de tal viaxe. As preguntas que un se plantea, como no video poidemos ver, poden ser moitas. Pero a ciencia, amosanos que hai que seguir unha serie de pautas para poder crer nunha certa teoría, entre eles a contrastación de hipóteses ou basarse na realidade. Co cal, despois de ver este video, todos podemos afirmar que si chegamos a Lúa, grazas as probas dadas: a non aparición de estrelas, as luces en paralelo... Para a miña opinión, o video está moi ben plantexado, demostrando de maneira divertida e didáctica as ideas polas cales, se afirma tal chegada a Lúa. A menira que ten de relacionar aos alumnos da ESO, universidade e profesinoais é estupenda. Aportando cada un as súas ideas, unhas máis convicentes e outras menos.

    ResponderEliminar
  23. É increible como un rumor pode condicionar a toda unha sociedade a creer o que uns poucos lle interesa defender.
    A min o vídeo convenceume de que o home estivo na Lúa, pois as probas que dan son científicas e non sociais nin televisivas. Ó principio cando dan as probas que rechazan que estiveramos na Lúa, pensas que foi imposible, pero logo cando as falsean quedas abraiado e de ahí cuetionaste se o todo o que se dí na sociedade é verdade, como nos queren facer ver.
    Por outa parte a actitude dos estudiantes da Universidade non me pareceu científica, daba a impresión de que non sabía moi ben que apoiar, parecía máis científica a dos rapaces da E.S.O cando lle preguntaron polo das fotografías.
    Sofía Pérez Couto 1ºC

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?