7 feb 2011

Creacionismo


As teorías sobre a evolución partiron do fixismo, vertente que afrmaba que as especies non evolucionaron desde a súa creación. Darwin, pola contra, demostrou que os seres vivos sufrimos un proceso de selección natural para adaptarnos ao medio no que vivmos. Contra isto, a relixión defende a idea de que o home é unha excepción, que ocupa unha posición única no centro da creación, mentres que o resto das especies apareceron de maneira idéntica en número e aspecto as actuais, a través de un só creador.Que resumindo, é a vertente do creacionismo.

É o creacionismo unha teoría científica?

Que criterios fan crible esa teoría?

Debe ensinarse nos colexios como teoría científica?


2 comentarios:

  1. Respecto a primeira das preguntas, respondo un taxante non, xa que non existe ningunha proba que apoie esta teoría, polo tanto, non pode considerarse unha teoría científica. Ademáis, parte dun dogma que afirma que Deus foi o creador de todo do cal tampouco temos ningunha proba (a non ser que consideremos proba científica as escrituras da Biblia).
    O único criterio que pode facer crible esta teoría é que supón a primeira resposta lóxica que nos proporciona o sentido común, mais tamén temos que saber que o sentido común non ten cabida nas investigacións científicas se non ven acompañado de probas experimentais.
    Polo tanto, non creo que o creacionismo deba ser explicado nos colexios (e moito menos que se lle de a mesma cribilidade ca á teoría sintética da evolución, a cal é respaldada con multitude de probas). En último caso, penso que podería ter cabida nas clases de relixión, pero nunca nas de bioloxía ou ciencias.

    Patricia Añón, 1º A

    ResponderEliminar
  2. Creacionismo= conxunto de creenzas.
    Opino que as creenzas non constituen teoría ningunha, porque tes que ter probas, tes que ter o coñecemento exacto das cousas.Se non hai probas,non hai teoría. Respecto a ensinar o creacionismo no colexio como teoría científica, a miña resposta tamén é non porque se non está demostrada... aínda que polo que leo na wikipedia, o creacionismo ensinouse en algún estado de EEUU até non fai tanto.
    Myre 1º D

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?