5 mar 2014

Existe realmente a intuición feminina?


Un estudo, realizado por investigadores das universidades de Granada, Pompeu Fabra de Barcelona e Middlesex University de Londres revela que as mulleres son máis intuitivas que os homes debido a un compoñente biolóxico. O estudo vincula a este componente cunha menor exposición prenatal á testosterona no ventre materno. Isto fai que as mulleres sexan máis intuitivas e que os homes manifesten un pensamento máis reflexivo. Outras fontes din que os homes teñen máis desenvolto o lado esquerdo do cerebro,  e por iso son máis analíticos. Considerando ambos os dous tipos de pensamentos igualmente válidos e tamén falibles, É realmente posible que un dos dous sexos posúa unha capacidade superior?



1 comentario:

¿Estás seguro de que queres comentar?