Mostrando entradas con la etiqueta Animal extinto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animal extinto. Mostrar todas las entradas

24 feb 2014

UN NOVO FÓSIL

A Romundina era un peixe blindado que habitaba na Australia Occidental no Devónico Superior. Este fósil é un intermediario entre os ciclóstomos, unha clase de peixes sen mandíbula e os galeáspidos, unha clase extinta de peixes que habitaban no Silúrico Medio o Devónico Inferior. Este descubrimento axudará a unha mellor comprensión da transición entre o ensamblado progresivo da cara e a mandíbula nos vertebrados.

Debemos o noso rostro a esta especie de peixe?







FONTES:http://www.el-nacional.com/ciencia_y_ambiente/primitivo-ayuda-entender-evolucion-vertebrados_0_354564669.html

17 feb 2014

O MÁIS ANTIGO ANTEPASADO DOS VERTEBRADOS


O Pikaia gracilens media uns 5cm de largo, tiña un corpo fusiforme percorrido por unha notocorda( tubo neural ) e habitaba os mares do Cámbrico Medio. Este animal posuía segmentos musculares chamados miómeros, notocorda e outras características que o posicionan na base dos cordados e polo tanto tamén dos vertebrados.
Que parecido gardamos entón os seres humanos con estas ancestrais criaturas?





Fontes:http://kerchak.com/el-antepasado-de-los-vertebrados-en-el-esquisto-de-burgess/


29 ene 2014

Extinción dos mamuts.

Un grupo de investigadores encontrou probas de que o mamut puido extinguirse debido aos cambios climáticos entre as etapas de glaciación. Según os resultados dunha análise de diversos mamuts, a especie comezou a extinguirse cando o planeta pasaba por un dos seus períodos glaciais máis fríos. Será esta a causa da extinción deste animal ou sería a caza quen acabaría con eles?

17 jun 2013

Pódese clonar a un mamut?

O mes pasado atopouse no Ártico o corpo dun mamut conxelado, esta noticia fixo que a xente crease especulacións sobre si se podia clonar ou non. É verdade que xa se atoparan moitos outros corpos de mamuts conxelados e a súa clonación fora imposible, entonces, que ten este mamut de diferente? A resposta é a seguinte, a diferenza dos demáis este mamut conserva no seu interior sangue líquida e tecidos musculares en bo estado. Este bo estado débese a que o mamut afundíu nun pozo de auga impedindo o ataque dos depredadores.
 Pero tan só isto é suficiente para clonalo? As células do mamut consérvanse realmente? E si se conseguise clonalo, sobreviría o mamut un tempo no mundo actual?
FONTES: