Mostrando entradas con la etiqueta teoría. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teoría. Mostrar todas las entradas

14 abr 2015

50 Teorías Científicas



Este libro, máis ben, esta pequena enciclopedia, introdúcenos moi superficialmente en diferentes campos da ciencia: Microcosmos, Macrocosmos, a Evolución, Comunicación..., explicándonos en 30 segundos cada unha das 50 teorías.
Libro de Paul Parsons

20 ene 2015

"Creacionismo: La ciencia frente a la fe Darwinista"



Creacionismo.net é unha páxia que nos ofrece unha porta aberta de información para curiosos ou seguidores desta "teoría".No artigo "Hechos y Prejuicios" mostranos o contraste entre o creacionismo e a teoría evolutiva (según esta web chea de prexuízos). O máis impactante é o artigo "Creacionismo: La ciencia frente a la fe Darwinista". Realmente é certo que o creacionismo non é ciencia? Podemonos creer esta pseudociencia como ciencia? É a pseudociencia perigosa? Hai tantos frikis relixiosos no mundo?

Fonte: http://www.creacionismo.net/genesis/


20 oct 2014

Creación do universo

As teorías do 'deseño intelixente' defenden que o universo foi creado por un 'ser superior', que viviría existindo dende antes que este. 
Entre elas podemos atopar unha, coñecida pola maioría de nós, a da Creación do mundo por Deus. Aínda que esta sexa unha das máis aceptadas entre as teorías do 'deseño intelixente', un grupo de estudantes non estaba de acordo con que Deus fose o ser que creou o universo, que eles creían creado polo Monstruo Espaguetti Voador; a súa teoría ten hoxe en día bastantes seguidores, os pastafaris, que teñen incluso un evanxeo.
Foi o universo creado por Deus ou foi o Monstruo Espaguetti Voador o creador? Serán certas algunhas destas teorías ou simplemente temos que crer nelas por fe?
Fonte: http://www.absurddiari.com/s/llegir.php?llegir=llegir&ref=7671
Foto: http://www.miguelgarciavega.com/wp-content/uploads/2012/12/monstruo-de-espagueti-volador.jpg

22 feb 2014

Probas da evolución no noso corpo



Hai numerosas probas no noso corpo que apoian as teorías da evolución. A maioría de nos posuímos todas estas partes ou órganos aínda que outras xa son menos habituais debido a perda da súa transmisión. Como a “pel de galiña”usada no pasado para  parecer mais grandes e asustar aos inimigos. Na actualidade non ten ningunha función para o noso organismo polo que a medida do paso dos anos irán perdéndose. Desaparecerán estas características ou polo contrario adquiriremos algunha nova?  

Fonte: http://revolucioncientifica.com/

4 feb 2014

TEORÍA DO DELINCUENTE NATO.

No século XIX, o científico Cesare Lombroso desenvolveu unha teoría que definía a posibles delincuentes por algún dos seus rasgos físicos(Teoría do delincuente nato). Lombroso foi un dos precursores da criminoloxía moderna en canto a que se pode nacer predisposto a ser un criminal por causas biolóxicas. El cría que a teoría de Darwin era unha das claves para estudar os actos criminais. Para Lembroso os delincuentes natos eran un error evolutivo que se asaltou a selección natural e pertencían a etapas primarias do desenvolvemento humano. Ti que opinas sobre isto? E lóxico xulgar a alguén só polos seus rasgos físicos?