Mostrando entradas con la etiqueta Atapuerca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Atapuerca. Mostrar todas las entradas

2 abr 2017

Caza comunal en Atapuerca

Neste artigo fálase do novo descubrimento levado a cabo no xacemento de Gran Dolina en Atapuerca: unha zona de caza comunal de bisontes.



25 feb 2015

Haberá que revisar o mapa da evolución?



O equipo de Atapuerca considera que hai que cambiar o mapa evolutivo humano porque hai unha rama de homínidos con identidade europea diferenciada e que non procede de África,senón de Asia.
Estaremos por fin ante a verdadeira liña evolutiva?

19 ene 2014

Duración de lactancia dos homínidos.


Grazas ao estudo dos dentes de varios individuos poidéronse estudar as fases do seu crecemento biolóxico. Determinouse que tiñan mellor saúde da que temos hoxe en día xa que a duración de lactancia nos nosos antepasados de Atapuerca era de entre tres a catro anos. O leite é moi importante xa que nos axuda a protexernos de certas enfermidades.
Poderíamos sobrevivir hoxe en día durante os nosos primeiros anos de vida só de leite ?

Fontes:
http://pequelia.es/26403/leche-materna-durante-los-primeros-cuatro-anos-de-vida/
http://www.rtvcyl.es/Noticia/4315C3CE-9E71-6D91-5B9A1A8EF6E82C30/leche/materna/alimento/principal/hominidos/atapuerca/primeros/anos/vida

14 ene 2014

Descuberto o ADN máis antigo



Unha pequena cantidade dun fémur duns 400.000 anos atopado en Atapuerca permitiu obter a secuencia de ADN máis antiga dun homínido. Este descubrimento viuse favorecido polas incribles condicións de profundidade, humidade, temperatura, etc da sisma onde foi atopado o óso. Pese a iso, o ADN atópase moi fragmentado e só se puido obter o ADN mitocondrial. Porén, xa son moitas as hipóteses que desatou o ADN como que pertenza a un híbrido entre denisovanos e neandertais xa que mentres que o análise revela semellanzas cos primeiros, os aspectos morfolóxicos son máis parecidos aos neandertais.
Pode chegar este descubrimento a desmoronar o concepto que temos das diferentes especies de homínidos?
Fonte: http://www.elmundo.es/ciencia/2013/12/04/529f674c0ab7408c378b456f.html

Cal era a alimentación dos nosos antepasados en Atapuerca ?

Na comida dos nosos antepasados predominan os alimentos vexetables pero tamén comían carne. A carne que comían ao principio era crúa xa que aínda non coñecían o lume. Os homes cazaban pola Serra de Atapuerca e moitas veces comían os corpos dos animais que encontraban mortos. A súa carne favorita era a dos poldros e o cervo cando era novo. Coa aparición do lume a súa comida favorita pasou a ser o cervo na brasa. Tamén existen probas do canibalismo gastronómico ,é decir , chegaron a comerse uns aos outros.
Por qué se comían entre eles ?
Fonte:
http://www.accua.com/gastro/conten/Atapuerca-La-alimentacion-de-nuestros-antepasados.asp