CIENCIA E GUERRA
A ciencia é necesaria para o desenvolvemento da humanidade, pero a que prezo se pagan os avances da ciencia cando son utilizados en conflictos bélicos? Non demasiado lonxe de nós queda a II Guerra Mundial.
Onde a ciencia xogou un papel importante no seu transcurso, foron utilizados gases para o exterminio de persoas e tamén o comenzo da utilización e fabricación de armas biolóxicas que máis tarde provocarían atentados terroristas como en EEUU en 2001 con ántrax, unha bacteria potencialmente mortífera e efectiva ou en 2013 en Siria onde persoas foron atacadas con gas sarín, composto que afecta violentamente ao sistema nervioso e pode ser mortal.
As víctimas destas armas bélicas son elevadas, estes acontecementos deben facernos pensar que o seu uso debe ser extremadamente controlado e que a ciencia debe estar nas mans de persoas que sepan que a ciencia debe ser desenvolvemento e non recesión.
Hace 3 horas
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?