27 oct 2013

La ridícula idea de no volver a verte

Novo curso e nova entrega do proxecto "Un libro cada día". Por segundo curso vou asumir o reto de proporvos unha nova forma de gastar o tempo, ler divulgación científica.
Cada semana vouvos ofrecer un libro para consumo individual. Serán títulos de divulgación científica relacionados coa materia de CCMC e que pretenden ser unha porta para todos os que teñades curiosidade e gusto pola lectura. Todos os libros que vos propoña estarán na biblioteca, ou intentarei que estean, e a proposta ten coma intención que alguén os lea e nos faga unha crítica no blog. Podedes ver os títulos do ano pasado na "etiqueta un libro cada día"
Vale, xa teño a vosa atención, estades todos nerviosos pensando que penso propor para empezar? Pois este é o primeiro


De acordo, non é divulgación pero proba a consumilo e dime despois se non merece estar aquí. Amor e Ciencia, que máis podemos pedir


No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?