Xa podedes publicar entradas no blog.
Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de
Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES de Ponteceso. Neste espazo
publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos
polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de
divulgación científica. Nesta primeira avaliación, na que aínda estamos
familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención
nas entradas aos seguintes aspectos:
- Temas: en cada
avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos
estudados nela. Nesta primeira avaliación os temas son: Ciencia e
pseudociencia, O Universo, Xeoloxía.
- Ortografía.
- Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
- Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
- Etiquetas
Lembrade que para poder publicar primeiro tedes que enviar as entradas á dirección de correo que vos din en clase e despois esperar a que vos envíe a invitación.