21 nov 2012

A tormenta solar do século


O ciclo solar cambiou, o Sol entra nun novo ciclo, de gran intensidade, o que provocará maior actividade magnética, labaradas, tormentas... Os científiicos prevén que o momemento de maior actividade do novo ciclo será a finais de 2013.
A sociedade moderna depende de redes de comunicación, satélites e telefonía móbil o que agrava as consecuencias dunha posible tormenta, xa que estes sistemas poderían deixar de funcionar.
¿Creedes que a nosa sociedade podería sobrevivir a isto? ¿Poderíamos seguir adiante uns día sen a posibilidade de utilizar internet ou os móbiles durante uns días?

FONTES


19 nov 2012

El universo para curiosos


Un libro para os que non lles gusta seguir a orde establecida. Empeza a ler por onde queras que xa se encargará o libro de liarte polos camiños da Astronomía

5 nov 2012

La vida privada de las estrellas

Con gran alegría véxome obrigada a propoñer outro libro para esta semana por un enorme éxito de público. Agora só falta que ademais de coller os libros da biblioteca sexades capaces de lelos. 

Nesta ocasión un pouco de Física e moito de cotilleo. Nesta recopilación de artigos, publicada no blog El Tamiz (moi recomendable para os que esteades interesados en Física) podedes seguir os principais acontecementos da vida dunha estrela dunha forma moi amena e comprensible. Como nacen? Como se orixina un burato negro?
E para facer aínda máis fácil o acceso a este libro podedes descargalo en pdf pinchando na imaxe.
Boa lectura

La conspiración lunar, Vaya timo!

Será verdade que o home non chegou á Lúa?  Realmente que pasa coa bandeira, móvese? Debe moverse? En quen debemos confiar?

29 oct 2012

Enigmas de la humanidad

Un paseo polas pirámides, os mundos perdidos e as curacións milagrosas dende unha perspectiva científica. E con fotos, que mira que é raro.

26 oct 2012

Sabías porque... a veces as nubes teñen forma de animales ou obxectos?


En realidade, non é que as nubes teñan formas, senon que a nosa mente produce un efecto chamado pareidolia, é decir, é un fenómeno psicolóxico que consiste en que un estímulo vago e aleatorio (xeralmente unha imaxe) percibímolo con formas que nos parecen coñecidas, pode ser un animal, un obxecto ou incluso unha persoa, aínda que xeralmente adoitamos asociar as nubes con forma de animais.
O fenómeno da pareidolia pode ocorrer de forma natural, como por exemplo nas nubes, ou de forma artificial, como por exemplo cando un pintor oculta na súa obra algunha forma case imperceptible na auga ou a codia dunha árbore.
Será por iso que a xente ve extraterrestres por todas partes? E vou máis aló, a xente que asegura ver ovnis e ser abducido non será producto da imaxinación polo fenómeno da pareidolia?
Agora chegou o voso turno, deixade a imaxinación voar e buscádelle sentido as nubes que vexades, aínda que se non vos apetece achegarvos a unha fiestra podedes comezar por esta...



Eu xa lla atopei, podes ti?


Fontes


22 oct 2012

Radicales libres


Como se produce a investigación científica? Como son os científicos no seu traballo? Evidentemente son xente despistada, co pelo alborotado e unha vida de traballo sen diversión, verdade? Vive a intrahistoria dalgúns dos maiores descubrimentos da Ciencia e veremos que idea tes ao rematar.