6 abr 2011
Progeria:nenos ancians
1 abr 2011
Apoptosis: Suicidio celular.

Fonte: http://medtempus.com/archives/apoptosis-el-suicidio-celular-que-nos-mantiene-con-vida-i/
O suicidio é algo extremadamente cotiá non noso interior. Cada día en cada un de nós, prodúcese o suicidio de alrededor de dez mil millóns decélulas. Esta elevada cantidade de mortes intencionadas non se debe, nin moito menos, a unha “depresión” das nosas células, como se perderan as ganas de vivir. A apoptosis é un acto radical de altruismo, un sacrifio extremo polo ben comun do resto de células e do que depende a nosa propia supervivencia.
Da misma maneira que para que unha especia evolucione van nacendo novos individuos e morrendo os máis vellos e enfermos, no noso corpo as células máis vellas e enfermas deciden quitarse voluntariamente do medio para que a vida do organismo persista.
Sabemos que isto ocorre no noso interior, pero aínda non sabemos como sucede. Dunha vez investigado este tema poderíamos solucionar moitos problemas e enfermedades. Seremos capaces nun futuro de obligar a unha célula, por exemplo do cáncer, a matarse para solucionar así, o problema de ráiz?
En busca da alma.

Fonte: http://axxon.com.ar/not/124/c-124InfoAlmaNeural.htm
Francis Crick, Premio Nobel 1962, polo descubrimento da estructura do ADNe anos máis tarde estudará a alma e a consciencia.
Crick sostén que no cerebro humano hai un grupo de neuronas que son a orixe da conciencia e da alma.
Destaca que o que afirma é o resultado de investigacións e búsquedas no inconsciente que realizou durante moitos anos. Fai tempo que escribe e reafirma que “o comportamento dos nosos cerebros, poden ser íntegramente explicados pola interacción das células cerebrais”. Tamén describe na investigación os mecanismos a través dos cales distintas partes do cerebro humano se funden as unhas coas outras para crear “un sentido de conciencia”, que é o que os crentes chaman a alma.
E vos, que pensades? Pódese estudar científicamente o subconsciente humano? E sobre todo, pódese con esos estudos afirmar que existe a alma?
Os pigmeos.
Fonte :http://deison177.wordpress.com/2010/07/25/los-pigmeos/
Os pigmeos son unha serie de grupos humanos cazadores e recollleiteiros que viven en selvas ecuatoriais africanas e que se caracterizan pola súa baixa estatura, xa que so miden 1,50 metros de media.
Cazan con redes e arcos antílopes, monos, aves e outros animais, ademáis de recolleitar fruta, tubérculos e mel. Tamén practican intercambios con pobos veciños e traballan para eles, pero estes humanos non están acostumados a civilización e viven libres nas selvas sen prexuizos.
Por evidencia xenética, estimase que diverxeron dos demáis grupos africanos moi antigamente: fai 70.000 años, adaptándose as condicións da antiga selva ecuatorial africana.
E ben, porque nos interesan tanto estas tribus? Non pensades que os nosos antepasados puderon ser e actuar semellantes aos pigmeos?
Laura Gundín.
Comer albaricoques cura o cancro?
26 mar 2011
Nova solución contra o cáncer de mama

Segundo a revista "The Lancet"un novo aliado xunta loita contra o cancro de mama: o eribulin(http://www.blogfarmacia.net/el-farmaco-eribulina-de-origen-marino), quimioterapia derivado dunha esponxa de mar moi común nas costas de Xapón que podería aumentar nun 20% a esperanza vida das mulleres que sofren metatárses.
O máis destacado do medicamento é ainfluencia que ten sobre os pacientes sen a necesidade de combinarse con outras substancias.
700 mulleres participaron no estudo para medir a toxicidade e os efectos de dita substancia que realizaou o instituto d´Vall Hebrón dirixido por Javier Cortés.O resultado foi moi positivo xa que se comprobou que era eficaz para todos os cácer de mama.
O eribulin ten un mecanismo de doble acción:impedir a división das células tumorais e eliminar a célula tumoral.A posibilidade de que o medicamento sexa eficaz nas fases iniciais do tumor será outro obxecto de estudo.
En tanto o eribuli xa é comercializado en Estados Unidosmentres que en Europa se


comercializará a partir de xuño.
20 mar 2011
A natureza é patentable?

Debemos ou, o que é máis, podemos patentar os produtos da natureza? Pois ben, para iso debemos ter claro que unha patente son aqueles dereitos concedidos polo Estado a un inventor ou cesionario, co fin de que divulgue o seu invento. Pero ben, qué podemos considerar un invento? Está considerado internacionalmente que non son inventos os seguintes: os principios teóricos ou científicos; os descubrimentos que consistan en dar a coñecer ou revelar algo que xa existía na natureza; os programas de computación; as creación artísticas ou literarias; os métodos de tratamento cirúrxico, terapéutico, etc.
Por tanto, atendendo a isto, o resto de casos que se atopen fora desta lista poden ser patentados. Se nos fixamos, anteriormente dixemos que os descubrimentos que consistan en dar a coñecer ou revelar algo que xa existía na natureza non eran considerados inventos. Polo tanto, non poden ser patentados.
Pero,e se atopamos unha planta que cure o cancro (por poñer un exemplo)? Poderíase facer algunha excepción?

