21 ene 2011

``A historia máis fermosa do mundo´´


``A historia máis fermosa do mundo´´ é un libro escrito por catro autores que nos dan información do mundo.
Durante el tratan de contarnos temas moi importantes para nos como é a orixe do universo, a súa composición e tamén nos din afirmacións que anteriormente dixeron Darwin e Aristóteles ( este dixo que o universo era eterno e que non cambiaba).
Recomendaríallo a todos os alumnos de primeiro de bacharelato porque axuda a comprender asuntos tratados en ciencias para o mundo contemporáneo,materia que estamos a dar este curso.

20 ene 2011

Mutacións xenéticas fan irreversible a evolución inversa

http://www.ecuadorciencia.org/noticias.asp?id=8150&fc=20091027
Un equipo de investigación da Universidade de Oregón descubriu que a evolución nunca pode retroceder, debido a que as rutas dos xenes dos nosos ancestros estan bloqueadas para sempre.
Este descubrimento foi resultado do riguroso estudo sobre "a evolución inversa" a escala molecular, utilizando a reconstrucción de secuencias de xenes ancestrales, a síntese do ADN, as técnincas de deseño de proteínas e a cristalografía de raios X para resucitar e manipular un xen tal como existiu nos vertebrados fai máis de 400 millóns de anos, pero como resultado decatáronse de que nun período curto, cinco mutacións aleatorias fixeron modificacións importantes na estructura da proteína , da que se obtivo unha incompatibilidade total coa forma primixenia do receptor.
Sen embargo, ante a posibilidade contraria de que se poidera retroceder na evolución, ¿tería algún sentido? Na miña opinión, cando falamos de evolución estamos a falar de cambios ou melloras na vida humana, se a evolución retrocedera, estaríanse a desperdiciar esas melloras.

As píldoras máis antigas ate o momento.


http://www.amaliorey.com/2009/07/02/pildoras-post-88/
Fai dez anos descubriron unha nave chea de mediciñas que naufraxiou no 130 AC na actual Toscana, Italia. Este acontecemento fíxose coñecido porque esa nave contiña pílulas feitas por médicos da Antiga Grecia. "Estamos ante a primeira proba física das receitas de Dioscórides e Galeno" dixo un científico do Museo de Historia Natural de Washington. Con análises de ADN descubríuse que esas pílulas contiñan restos de plantas, entre elas o xirasol, o cal non chegou a Europa ata o século XV provinte de América. Como puido suceder iso?
A mediciña moderna tacha a estas pílulas de pseudociencia inefectiva. Credes que realmente é así? Que simplemente son herbas mezcladas ao azar? Que estes médicos gregos fíxeron as pílulas sen saber o que facían?
Eu creo que Dioscórides e Galeno pode que non souberan se esas pílulas foran facer efecto ou non. Pero o que sí tiñan claro era cal era a finalidade da pílula, sanar a xente. Tampouco tacharía as pílulas de pseudociencia porque son un proxecto duns médicos que cumpre as características da ciencia.

Ébola


http://pasionxafrica.blogspot.com/2010/03/ebola-epidemia-asesina.html

A Ébola é unha enfermidade infecciosa, altamente contaxiosa e moi severa que afecta tanto a animais como a seres humanos. Esta enfermidade está ocasionada por un virus da familia dos filovirus.

Este virus transmitese por contacto directo coa sangue, saliva, súor…Dende a aparición dos primeiros síntomas ata a morte varía entre os 3 e os 21 días. Este virus está vivo en África, aínda que tamén se deron brotes en EE.UU e Alemaña.

Os síntomas desta enfermidade son febre, dores de cabeza e perda do apetito. Se a enfermidade progresa aparecerán diarreas, vómitos, e ademáis, o sangue non coagulará ben e como resultado dará unha hemorraxia total de órganos internos e externos. Ao final provoca a morte presentando vómitos de sangue e órganos desintegrados, e tamén por trombocitopenia.

A causa do contaxio inicial ainda é descoñecida. Pero ben se sabe que é un virus mortal e non ten cura nin tratamento específico. Só se coñecen dous casos en que se salvaron dunha morte asegurada por contaxio.

Nun futuro, a ciencia será quen de atopar unha solución para esta arma biolóxica? Xa houbo intentos para atopar cura para esta enfermidade e sigueos habendo, e eu penso que si, e que esa solución non está lonxe.

Thomas Geisbert diseñou unha pequena molécula de ARN que ten a capacidade de sabotear este virus. A proba está en catro monos que se infectaron e sobreviviron despois de recibir o medicamento durante 7 días.
Este tratamento podería estar dispoñible para ser utilizado en 5 anos, Aínda que se requieren máis estudios e probas para que o medicamento sexa efectivo.

Laura Gundín 1ºB
Os xacementos de Atapuerca.

Atapuerca constitúe un dos complexos prehistoricos máis importantes do mundo,por conservar depósitos sedimentarios datados de hai máis de 1 millón de anos.Estes descubrimentos permitíronnos una ampla información sobre como era a vida tempos atrás.En resumo,cada vez estamos máis seguros de como foi a evolución humana.

Aquí vos deixo unhas imaxes dos xacementos e tamén videos deste lugar.