20 ene 2011

Mutacións xenéticas fan irreversible a evolución inversa

http://www.ecuadorciencia.org/noticias.asp?id=8150&fc=20091027
Un equipo de investigación da Universidade de Oregón descubriu que a evolución nunca pode retroceder, debido a que as rutas dos xenes dos nosos ancestros estan bloqueadas para sempre.
Este descubrimento foi resultado do riguroso estudo sobre "a evolución inversa" a escala molecular, utilizando a reconstrucción de secuencias de xenes ancestrales, a síntese do ADN, as técnincas de deseño de proteínas e a cristalografía de raios X para resucitar e manipular un xen tal como existiu nos vertebrados fai máis de 400 millóns de anos, pero como resultado decatáronse de que nun período curto, cinco mutacións aleatorias fixeron modificacións importantes na estructura da proteína , da que se obtivo unha incompatibilidade total coa forma primixenia do receptor.
Sen embargo, ante a posibilidade contraria de que se poidera retroceder na evolución, ¿tería algún sentido? Na miña opinión, cando falamos de evolución estamos a falar de cambios ou melloras na vida humana, se a evolución retrocedera, estaríanse a desperdiciar esas melloras.

3 comentarios:

  1. Na miña opinión,non se pode retroceder na evolución porque cando evolucionamos facemolo para mellor.
    De feito,un dos postulados da teoría evolucionista de Lamark foi a herdanza dos caracteres adquiridos e outro deles foi que a evolución é adaptativa,co cal como o medio cambiou,nos cambiamos canda el,facendo para mellor.
    Xulia Añón Caamañ1ªA

    ResponderEliminar
  2. As opinións teñen que estar fundamentadas nunha teoría actual. Lamarck non é moi actual, non? é certo que poden existir teorías antigas que siguen sendo válidas pero non é o caso.

    ResponderEliminar
  3. Eu creo que non ten sentido ningun e estou contigo Noe. Si evolucionamos, cambiamos, e non cambiamos para peor,senón que prosperamos.Por exemplo, o homo sapiens era máis intelixente que os outros antecesores( entón si que evolucionamos para algo mellor).

    Myre 1º D

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?