Hace 9 horas
20 ene 2015
18 ene 2015
21 GRAMOS
Existe a alma?
De que esta formada? Se existe canto pesa? E posible demostrar o
seu peso de forma científica? A maneira de demostrar que existe é sinxela,
pesarnos xusto no momento antes da morte e una vez mortos. O cambio de peso é
arredor de 21 gr. Pero esta perda de peso é debida realmente á perda da alma? Eu
penso que non.
14 ene 2015
Entender el tiempo para torpes - Roberto Brasero
Primeiro explicarei o porque desta imaxe. Pensaredes que esta foto é moi simple pero eu non o creo. A imaxe explica unha parte curiosa deste libro: O sol non nos quenta, en realidade faino o chan. Queredes saber por qué?.
Por qué se di que o CO2 impide o desenrrolo da vida? A que se debe que na nosa atmosfera haxa pouco? Cres que o aire non pesa? Qué diferenza aos furacáns dos ciclóns? Poden ter o teu nome? Aterrizar está ben dito en calquera planeta?
Estas son unhas das moitas cuestións que responde este libro.
13 ene 2015
12 ene 2015
O idioma da ciencia

Cada animal,
cada pranta e ata nós mesmos temos un nome científico que provén do latín ou do
grego. E aínda que agora mesmo están consideradas linguas mortas, foron o
principal medio de comunicación dos principios da ciencia. Cada vez que alguén
di padecer unha fobia, unha enfermidade, mesmo cando nomea calquera
especialidade ou campo científico está a empregar termos clásicos. Coñecer a
etimoloxía destes nomes que de primeiras resultan "difíciles" fará
posible descubrir a súa orixe e ver máis claro o seu significado.
A separación entre letras e ciencias
leva ós estudantes a e defender un coñecemento parcial do mundo, afastándose
así dunha aprendizaxe reflexiva, sen poder cuestionarse nada do que os rodea
nin chegar a ser persoas autónomas e críticas. Está ben separar ciencias e
letras tan cedo?
"Lucy" e a súa trama pseudocientífica
O
cineasta francés Luc Besson, centrou o seu último traballo cinematográfico,
"Lucy", no coñecido mito da incapacidade do ser humano de empregar
máis do 10% do seu cerebro. Esta afirmación basease na libre interpretación da
resposta que Einstein lle deu a un periodista que halagaba a súa intelixencia:
"Só utilizo un 10% do meu cerebro".O mito pseudocientífico non é
certo, xa que o noso cerebro componse de neuronas, que necesitan actuar para
vivir, unha vez estas deixan de funcionar, morren. Por iso, todas as neuronas
do cerebro teñen utilidade e actividade regular.
Debería , neste caso, o director rexeitar esta afirmación, informarse e asegurarse da súa veracidade antes de levala ó cine? Non é un xeito de enganar e de perpetuar a ignorancia da sociedade sobre o tema?
Debería , neste caso, o director rexeitar esta afirmación, informarse e asegurarse da súa veracidade antes de levala ó cine? Non é un xeito de enganar e de perpetuar a ignorancia da sociedade sobre o tema?
11 ene 2015
100 mitos de la ciencia
Nacen máis nenos en Lúa chea? É importante mirar a fase da Lúa antes de curtar o pelo? Esta e outras preguntas, ata 100, teñen resposta científica neste libro. Sigue a túa propia orde na lectura, non cambia o resultado
Etiquetas:
ciencia cotia,
pseudociencia,
Un libro cada día
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

