28 ene 2013

La historia más bella del mundo

Algo suave para desengrasar. Neste libro, especialmente sinxelo e fácil de ler, atoparedes entrevistas a algunhas das maiores autoridades no estudo da nosa orixe. Pincha sobre o libro e terás acceso ao arquivo en pdf

27 ene 2013

O XENOMA NEANDERTAL



O  investigador de Antropoloxía  Svante Paabo en colaboración con outros científicos do resto do mundo   presentou a secuenciación do xenoma do home do Neandertal e descubriu algo curioso: o 2% do noso xenoma provén dos neandertais. Todos os seres humanos, excepto os africanos, témolos. Isto quere dicir que hai un cruce entre neandertais e  humanos.
Penso que é un descubrimento interesante, aínda que o porcentaxe sexa baixo é una información que pode axudar mais en todo o que queda por descubrir, o cal se converte nunha fonte importante para estudos que ese fagan no futuro.

21 ene 2013

100 mitos de la ciencia

Nacen máis nenos en Lúa chea? Usamos un 10% do cerebro? Vale, algúns futbolistas pode que si pero e a media da poboación? Tiña razón Bart ao preguntarse en que dirección viaxaba a auga nos sumidoiros de Australia? Neste libro atopas as respostas a 100 preguntas deste tipo pero seguro que se nos ocurren moitas máis despois de lelo.

20 ene 2013

Información ou publicidade?


Algunhas veces é moito máis difícil pero aquí podedes ver un exemplo de como con catro palabras raras alguén pode convencernos de calquera cousa con tal de non seguir lendo. Que pasa co arsénico de Corcoesto? E co cianuro? Veña, comentade, pensade un pouco que doe só ao principio.

14 ene 2013

A arca de Noé

Neste libro podemos achegarnos á historia e bioloxía dos nosos océanos dende unha perspectiva moi amena e sinxela. Pode matarnos comer marisco? Cal é a historia das baleas? E moitas cuestións máis

7 ene 2013

A ciencia no punto de mira

Descubre por que o bilingüísmo protexe a nosa saúde, como funciona o botafumeiro o si existe explicación científica para o feito de que os actores que gañan un Oscar viven máis e teñen máis fillos.

26 dic 2012

Entradas da segunda avaliación 2012-13

Unha vez superada a proba inicial da primeira avaliación, chega o momento de evolucionar. Neste novo trimestre as entradas deben cumprir unhas condicións máis estritas que na avaliación anterior:
  • O tema de todas as entradas debe estar relacionado coa evolución ou coas pseudociencias, os temas que trataremos nesta avaliación.
  • Calquera entrada que copie fragmentos da fonte será desestimada.
  • Todas as entradas deberán dar lugar a unha polémica referida á controversia ciencia-pseudociencia ou a relación dos avances científicos coa sociedade.
  • Lembrade que os comentarios tamén se valoran.
  • As entradas deben ser curtas e incluír hipervínculos, etiquetas e, algo moi importante, referencias que nos permitan analizar as fontes de cada entrada.
A partir deste momento tedes as portas do blog abertas. Ánimo e a traballar.