18 sept 2012

Instrucións para publicar entradas

Comezamos novo curso e facémolo co blog a pleno rendemento xa na segunda semana. Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES Ponteceso. Neste espazo publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de divulgación científica. Nesta primeira avaliación, na que aínda estamos familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención nas entradas aos seguintes aspectos:
  • Temas: en cada avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos estudados nela. Nesta primeira avaliación os temas son: Ciencia e pseudociencia, O Universo, Xeoloxía.
  • Ortografía.
  • Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
  • Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
  • Etiquetas
 Lembrade que tedes que enviar as entradas á dirección de correo que vos din en clase

24 jun 2012

100 mitos de la ciencia

                                             
“100 mitos de la ciencia” é un libro que lle recomendo a todo tipo de persoas, persoas curiosas,  observadoras, orixinais,… a todas as persoas lle interesara, xa que incorpora información das que nos creemos verdades certificas e que a única verdade é que non son máis que mitos, que co paso do tempo a xente foi adquirindo como un coñecemento seguro e fiable. Foise transmitindo de xeracións en xeracións ata que ninguén  se parou a pensar, se  realmente coa lúa chea nacen máis nenos, se o estado anímico pode curar o cáncer,  ou mesmo se o  cabelo e as uñas seguen medrando despois de morrer. Está claro que a nosa falta de coñecementos nos fai máis propensos a crer que moitos deses mitos son verdade, pero certo é que ao acabar de ler cada unha das explicacións dos mitos dixen: non puido ser que estivera enganada tanto tempo, é o mais curioso e que non son a única persoa. Por iso é un libro adaptado a todo tipo de persoas aparte de moi doado de comprender, ordenados os mitos segundo o tema o que pertenzan. Tamén é de dicir que os mitos que mais chaman a atención ao meu parecer son os que teñen relación coa vida cotidiá das persoas (En nadal  aumentan o numero de suicidios, os arrefriados cáusaos o frío, o cáncer de mama solo afecta as mulleres…) que por exemplo os mitos sobre o espazo ou sobre os científicos ( os científicos son xente estraña, no zodíaco hai doce signos, os científicos son persoas obxetivas…) xa que poden estar mais interesantes para as persoas que estuden  ciencias e teñan relación con elas. Pero en conclusión, este libro non defraudara a ninguén, e ata a persoa máis “pasota” e bohemia do mundo encontrara unha ración de coñecementos que lle pareceran interesantes e atractivos.

Un planeta de gordos y hambrientos



 Este libro é un gran exemplar que non deixa a ninguén indiferente. No libro trátanse cuestións como: Por qué tendo comida para todos, só se abastecen os paises desemvolvidos?, ou que factores ocultos interveñen na obesidade?
 A súa lectura e moi comprensible, e eu, como lectora, recomendoo para todos aqueles que se queira informar da desigualdade que conleva ó sector alimenticio e as mentiras que o mercado nos fai crer.

22 jun 2012

Hablemos de ciencia


 HABLEMOS DE CIENCIA
 
Dende o meu punto de vista, todos os libros son recomendados para ler xa que ler é moi bo, pero este libro en especial e o que máis recomendaría. Este libro ten algo especial, é que explica moitas cousas que as persoas non sabemos sobre o universo, sobre o que podemos observar, feitos que ocorren dende a súa orixe, o que vai a suceder nun futuro… Tamén explica feitos incribles como explosións estelares (novas e supernovas), a orixe dos buratos negros, os planetas do sistema solar e os extrasolares... é dicir, todo sobre a ciencia.
En definitiva é un libro moi interesante tanto para ampliar cultura, como para profundizarse científicamente. Nós somos seres humanos e formamos parte da vida e do universo por iso debemos coñecer onde, porque e dende cando vivimos. Ademais coñecer todo o que nos rodea é moi importante xa que sabendo iso podemos saber moitas cousas máis, como o que vai ocorrer, de que descendemos, si o mundo se vai acabar, se o noso universo está en crecemento ou vai volver a producirse o memos proceso (big crunch)…
Conclusión, é necesario saber de ciencia, e para iso, este libro explicanos o necesario, polo que recomendó que todos o leades. 

19 jun 2012

Outro curso rematado













Como todos os anos a fin de curso sorpréndenos aínda empezando a aprender. Non vós preocupedes, en setembro volvemos con máis diversión: libros, noticias,debates,...
Para min novamente é un pracer despedirme de todos pero especialmente do grupo do fondo, ese 1ºC no que, como case todos os anos, tanto calor e debates vivimos este curso.
Boas vacacións.

13 jun 2012

los 100 mitos de la ciencia

Debemos saber distinguir moi ben entre ciencia e mito, xa que a maioría das afirmacions, como por exemplo, nacen mais nenos en lúa chea, só usamos o 10% do cerebro, Mendel era mal estudante..., son mitos. Un mito é tan só unha afirmación que resulta atractiva para a nosa mente sen ter ningún tipo de fundamento científico. Anímate!! le o libro os 100 mitos da ciencia e desta forma descubriras a orixe deles.

10 jun 2012

A vitamina B reduce o cancro nos nenos.


Descubríuse que o ácido fólico reducía o risco de  cancro nos nenos, por iso, fai catorce anos nos Estados Unidos, dispuxéronse a fortificar os produtos de grans con este ácido.

Fixéronse uns análises en menores de 5 anos para saber se ía ser afectivo ou non, e a moitos nenos detectóuselles a enfermidade, aínda que estes resultados reafirmaron que a fortificación dos alimentos non foi a causa.

Dous cancros foron a excepción: o tumor de Wilms, que diminuíu de 18 casos por cada millón de nenos a 15 e o tumor neuroectodérmico primario, que pasou de 4 casos por millón o ano  a menos de 2 casos. 

Recomendan que as embarazadas deben recibir ácido fólico, xa que así preverían o cancro ós seus fillos. ¿E se esto non funciona? ¿Se hai algún efecto secundario que as perxudique?