18 dic 2011

O Clan do Oso Cavernario.

Ayla é unha nena Cro-Magnon de 5 anos que queda soa no mundo tras o terremoto que fixo perecer a toda a sua tribo. Tras o suceso, vese obrigada a vagar soa, inexperta e indefensa polos bosques na procura de alguén que a recolla e lle dea covixo. Durante a súa procura, vese exposta a moitos perigos como as zarpas dun gran león cavernario, a deshidratación e innanición prolongadas. A piques xa de morrer, un grupo de Neanderthais atópaa e adóptana. Iza, a curandeira faise cargo dela como se fose unha filla do seu porpio seo, coidándoa con agarimo e traspasándolle todos os seus coñecementos. Mog-ur, o mago e irman de Iza, ve nela unha das marcas máis poderosas dos espíritos do Clan ademais dunha desenvoltura e axilidade mental sorprendentes. Mais o resto do grupo non e capaz de ver máis alo da súa estrana apariencia. As súas cualidades, como a capacidade para falar de forma ben articulada e fluída ou a súa axiliade física, resultan tan diferentes e extraordinarias para O Clan que nunca acabaran de aceptala plenamente como unha máis.
Recomendo este maravilloso libro que vos fara pasar a moitos de vos un agradable anaco(longo, pois o libro dá para rato) na compaña de Ayla, a cal lle colleredes moi pronto un especial afecto.

16 dic 2011

A vida dos planetas



A vida dos planetas,escrito por Richard Corfield,da unha detallada e completa explicación de cada planeta do Sistema Solar,como a súa composición,os métodos de investigación empregados para o seu estudo e dos diversos científicos que fixeron posibles todos estes avances.Nesta obra vese claramente o desafío entre os estadounidenses e os soviéticos pola carreira espacial, así como tamén menciona as meteduras de pata de ambos.En definitiva,un libro moi completo e extenso que para todo aquel que lle interese este tema,lle recomendo ler.
(Se queres ler un resumo máis completo preme aquí)

http://www.lanasa.net/

3 dic 2011

Os sanerxistas, uns falsos médicos

Para ver o video dádelle clic na fonte.
Os medicamentos non curan. É unha sentenza que repiten cada día os sanerxistas. "O cancro son sentimentos de rabia, de odio, de envexa, se non crees na enfermidade nunca terala", é unha afirmación que é parte das súas conviccións.
Neste video acudimos a unha das últimas conferencias de Alessandro dei Massi. Este italiano autodenomínase o creador da Sanerxía, é dicir unha "ciencia" para curar calquera cousa mediante enerxías. Cun curso de tan só cinco días asegúranos que curan un cancro terminal en tan só seis sesións por 495 euros. Porque a xente cree nestes fraudes?

Viaxar ao espazo en ascensor.


Os científicos está intentado construir un ascensor espacial dende un satélite que está en orbita nun punto fixo, a 36.000 km de altura, ata a Terra. O problema é conseguir un cable que resista o seu propio peso tanta distancia sen romperse. Será posible, cos avances da ciencia, levar a cabo este proxecto algún día?
>Fonte<

1 dic 2011

Planeta anano Eris é o xemelgo de Plutón.


CHILE,26 de outubro (2011).Os astrónomos lograron por primeira vez medir con precisión o diámetro do lexano planeta anano Eris grazas a que o interceptaron xusto mentres pasaba por diante dunha tenue estrela.Este evento foi observado a finais de 2010 por telescopios de Chile(incluindo o telescopio Belga Trappist no Observatorio La Silla de ESO .na Rexión de Coquimbo).As observacións amosan que Eris é un xemelgo case perfecto de Plutón en tamaño. Eris parece ter unha superficie moi reflectante,o que suxire que está cuberto por unha fina capa uniforme de xeo,cunha atmósfera probablemente conxeada.


29 nov 2011

Un asteroide ofrece novas claves para entender a orixe do Sistema Solar.

A nave da Axencia Espacial Europea visitou o asteroide o pasado ano.Os primeiros resultados dos seus análises,ofreceron aos astrónomos importantes pistas para entender a orixe do noso Sistema Solar.

Os científicos do Instituto de Astrofísica de Andalucía, analizan a estrutura e a composición, un dos tres estudios sobre Lutetia.

Os astrónomos cren que Lutetia é un obxecto dun dos primeiros bloques cos que se formaron os planetas. Orixinouse durante as primeiras etapas da formación do sistema planetario.

Defínese grazas a súa alta densidade, normalmente os asteroides teñen densidades máis baixas. No caso de Lutetia, créese que posúe un núcleo denso de rocha e una capa de varios quilómetros que se foron fragmentando debido aos impactos recibidos. Os científicos din que é un obxecto que sobreviviu ás primeiras etapas da formación do Sistema Solar.

Durante os próximos anos, os científicos seguirán analizando a información.

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/10/27/ciencia/1319737413.html