29 nov 2011

Un asteroide ofrece novas claves para entender a orixe do Sistema Solar.

A nave da Axencia Espacial Europea visitou o asteroide o pasado ano.Os primeiros resultados dos seus análises,ofreceron aos astrónomos importantes pistas para entender a orixe do noso Sistema Solar.

Os científicos do Instituto de Astrofísica de Andalucía, analizan a estrutura e a composición, un dos tres estudios sobre Lutetia.

Os astrónomos cren que Lutetia é un obxecto dun dos primeiros bloques cos que se formaron os planetas. Orixinouse durante as primeiras etapas da formación do sistema planetario.

Defínese grazas a súa alta densidade, normalmente os asteroides teñen densidades máis baixas. No caso de Lutetia, créese que posúe un núcleo denso de rocha e una capa de varios quilómetros que se foron fragmentando debido aos impactos recibidos. Os científicos din que é un obxecto que sobreviviu ás primeiras etapas da formación do Sistema Solar.

Durante os próximos anos, os científicos seguirán analizando a información.

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/10/27/ciencia/1319737413.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?