23 nov 2011

Un océano de hidrocarburos


Titán, a lúa laranxa e brumosa de Saturno, posúe centos de veces a cantidade de hidrocarburos que posúe a Terra. Estes forman océanos, lagoas e ríos na superficie, bastaría dragalos para obtelos e refinalos, o único problema: están lonxe, a millóns de kilómetros e a súa explotación é extremadamente custosa; para cando se abarate o voo espacial é probable que os hidrocarburos perdan a súa importancia ao existir novas fontes de enerxía.

Según un estudio liderado por Ralph Lorenz, membro do equipo de radar da sonda Cassini do Applied Physics Laboratory do Johns Hopkins University , Titán é unha fábrica xigante de químicos orgánicos, baixo temperaturas de 179ºC, os hidrocarburos, como metano e etano, forman océanos líquidos. Con 20% da superficie explorada pola sonda Cassini, descubríronse centos de lagos e mares cubertos de hidrocarburos líquidos, ademais as dunas escuras ao longo do ecuador poderían conter materiais carboníceos máis vastos que todas as reservas de carbón da Terra. Según unha estimación, o total de hidrocarburos bastaría para dar enerxía a Estados Unidos durante 300 años.

¿VISÍTANNOS?

Din que moita xente capturou ovnis -extraterrestres en fotografías ou vídeos. Todas as filmacións e fotografías de ovnis parécense nunha cousa: todas teñen baixa calidade, están desenfocadas e nunca encadran ben a imaxe.
Por máis que os “especialistas” en fotografías estuden as imaxes, nunca se ten unha visión clara do filmado, pero facendo un esforzo, nalgunhas ocasións nótase que son globos, avións, bolsas de plástico... Cando o vídeo ou a fotografía ten demasiada calidade e se aprecia demasiado ben o obxecto, nótase inmediatamente que é falso.
¿Déstesvos conta dunha cousa?, as filmacións nunca as realiza un fotógrafo profesional ou un cineasta, os platillos voadores nunca son fotografados por observatorios astronómicos, nunca os observan nas famosas "Star Parties" que fan os astrónomos afeccionados, tampouco son filmados por outros científicos doutras ramas que fan traballo de campo…Sempre son fotografados por persoas con pouco ou nulo criterio do que observan.

Ningunha das imaxes ou vídeos son proba de que “nos están visitando”.

Fin de trimestre

O día 30 de novembro dáse por rematado o prazo para enviar entradas ao correo electrónico.

15 nov 2011

Hawking afirma que os extraterrestres poden ser hostís

O físico Stephen Hawking afirma que é lóxico aceptar a existencia de vida intelixente fora da Terra e que os humanos deberíamos evitar o contacto con ela. "Para o meu cerebro matemático, os meros números fan que pensar sobre extraterrestres sexa perfectamente racional. O verdadeiro desafío é adiviñar cómo poden ser de verdade". Según el, a maioría dos extraterrestres serían o equivalente aos microbios, animais simples, o tipo de vida que dominou a Terra durante a maior parte da súa historia. Pero algunhas formas de vida poderían ser intelixentes e constituír unha ameaza.

"Si nos visitaran, os resultados serían como cando Colón chegou a América, algo que non salio ben para os nativos americanos".

A única razón pola que os extraterrestres poderían asaltar a Terra sería simplemente pola búsqueda de fontes de recursos naturais, e despois marcharían.

11 nov 2011

Mentiras da Ciencia

“Esto está demostrado cientificamente” Sempre que escoitemos está frase pensamos que estamos ante un feito verídico, innegable... ¿pero que vos parece se os dixeran que baixo este nomo encérranse unha chea de fraudes,manipulacións e crenzas irracionais?  A lo menos isto é o que intenta demostrar,Dan Agin, coa súa obra As mentiras da ciencia. A través dela o autor denuncia a corrupción no mundo científico,os seus efectos negativos e o perigo que supuxo para a sociedade. Nela pódese atopar mentiras sobre os tranxenicos,contaminación,calentamento global, células nais... Seguro que a súa lectura non nos deixa indiferentes. Porén, a culpa non é da ciencia (sen ela o home non seria diferente a maioría dos animais ) , nin dos seus avances,se non dos científicos.  

Te doy mis ojos

9 nov 2011

A CIENCIA EN ESPAÑA

Seguro que a ningún nos estraña escoitar que España está en crisis, pero como afecta esta a ciencia?  Para sobrevivir a estes tempos, é evidente que necesitamos aumentar o nivel educativo e tecnolóxico,unha investigación potente e de cálida.
Ángel carracedo nunha entrevista que realizou para a voz afirma que hai poucos cartos empregados a ciencia e que en Galicia a Xunta debe contribuír a mellorar os centros de investigación.
Mentres en EEUU,Obama, dedicara a investigación mais do 3 % en España non chegamos o 2%. Ante isto un preguntase ¿si se envirte menos como se van a chegar a mellores solucións? Non deberiamos esquecer que a forma como se superan os retos en tempos difíciles é o que acaba marcando o futuro.

Fonte: