23 nov 2011

¿VISÍTANNOS?

Din que moita xente capturou ovnis -extraterrestres en fotografías ou vídeos. Todas as filmacións e fotografías de ovnis parécense nunha cousa: todas teñen baixa calidade, están desenfocadas e nunca encadran ben a imaxe.
Por máis que os “especialistas” en fotografías estuden as imaxes, nunca se ten unha visión clara do filmado, pero facendo un esforzo, nalgunhas ocasións nótase que son globos, avións, bolsas de plástico... Cando o vídeo ou a fotografía ten demasiada calidade e se aprecia demasiado ben o obxecto, nótase inmediatamente que é falso.
¿Déstesvos conta dunha cousa?, as filmacións nunca as realiza un fotógrafo profesional ou un cineasta, os platillos voadores nunca son fotografados por observatorios astronómicos, nunca os observan nas famosas "Star Parties" que fan os astrónomos afeccionados, tampouco son filmados por outros científicos doutras ramas que fan traballo de campo…Sempre son fotografados por persoas con pouco ou nulo criterio do que observan.

Ningunha das imaxes ou vídeos son proba de que “nos están visitando”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?