
A esquizofrenia é unha enfermidade que se pode tratar con menciñas, podendo levar, así, unha vida “normal”. Porén, se nós nos visemos na situación de convivir cunha persoa que a padeza, estaríamos tranquilos? Moitas familias en España teñen moitos problemas, pois non hai centros especializados para acoller a estes enfermos. Só en caso dunha crisis son internados, entre tanto, habería que agardar a que fixesen dano para tomar medidas?