Mostrando entradas con la etiqueta anatomía aplicada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta anatomía aplicada. Mostrar todas las entradas

31 oct 2015

As orixes da anatomía

  Sabemos realmente canta fermosura pode chegar a acadar o estudo da anatomía? Que quere dicir anatomía?
O termo anatomía provén dos vocablos gregos "aná", que quere dicir "cara arriba", e o termo "témnein" (cortar).
Seus primeiros estudos atópanse na Idade de Bronce, provocando grande impacto en paises como Asia e a India, mais súas representacións datan de épocas anteriores, xa que na propia prehistoria se atoparon representacións gráficas de cardiotomías en mamuts e equinos.


17 oct 2015

Órganos a la carta


Gustaríache clonar ao teu gato? E deixar de ser diabético? Este libro explícache como podes (e non debes) facelo.

28 sept 2015

Empezamos curso e tamén novas materias con máis recomendacións lectoras.
A miña primeira lectura vai ser un referente na materia de Anatomía Aplicada, La historia del cuerpo humano.  Sabedes que os profesores de Bioloxía e Xeoloxía somos moi pesados coa perspectiva evolutiva, nada ten sentido si non se observa dende o prisma da evolución dicía Dobzanski, nesta particular historia do corpo humano podedes ver por que esa teima. Hai unha relación fundamental entre evolución e saúde, ou entre evolución e enfermidade e na obra de Lieberman temos unha magnífica introdución a este problema.