Agora si que se achega o fin!
Comeza a fase de valoración do xurado dos videos participantes no concurso de Cienciaclip, que emitirá o veredicto final o 19 de xullo.
O día 17 de febreiro comezaba o plazo de inscrición dos praticipantes no concurso Cienciaclip. Este concurso dirixido aos alumnos de secundaria está deseñado para fomentar o seu interés pola ciencia e a tecnoloxía empregando as ferramentas que Internet lles ofrece.
Nel os concursantes deben presentar videos divulgativos creados, producidos e protagonizados por eles mesmos de forma que lles axuda a exercitar a creatividade de cada un e o por en practica as súas capacidades.
A iniciativa pertence á Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU e está patrocinada pola Deputación Foral de Bizkaia. Con ela tamén colabora a Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía coa que colaboran o grupo Big Van e as plataformas Naukas e Scenio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?