21 nov 2013

Afastamento entre a Terra e a Lúa






A Lúa procede dunha  colisión entre a Terra e un obxecto do tamaño de Marte. Este impacto xerou  escombros que quedaron en órbita ao redor da Terra e a fusión destes, deu lugar á Lúa. A  gravidade lunar, produce as mareas dos nosos océanos, xa que a veloz rotación da Terra intenta arrastrar á Lúa. Debido a isto, a Lúa  está a afastarse  de nós uns 4 cm anuais e a rotación da Terra  faise máis lenta. Agora mesmo, a Lúa atópase a uns 385.000 km do noso planeta. De seguir así, esta afastarase máis e ralentizará a rotación da Terra. Vista a influencia que a Lúa exerce sobre a Terra, Sería posible a existencia da Terra sen a Lúa?


No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?