14 nov 2013

O MITO DA AREA 51

A Área 51 é unha base militar situada nun lugar clasificado. As actividades levadas a cabo nesta base son estrictamente secretas. Arredor desta base xira moita polémica xa que existen un bo número de teorías conspiratorias que falan de que ai ou poido haber metidos nela seres extraterrestres, e que posteriormente escaparon dela. Incluso se chegou a decir que se mantiñan reunións con seres de outros planetas para crear armas ou poder viaxar no tempo. Pode ser que a maioría destas teorías sexan simples falacias ou non, pero o que case se pode asegurar con certeza é que será difícil sabelo, pois os segredos de estado de USA están gardados con tanto mimo que son case tan misteriosos como os temas que a Área 51 garda no seu interior. Algún dia saberemos se son verdade ou simples invencións?


1 comentario:

¿Estás seguro de que queres comentar?