12 abr 2013

Nin axudas nin exercicio, a solución para adelgazar podería ser un antialérxico!


Durante anos lévanse probando millóns e millóns de dietas para conseguir a mellor forma de adelgazar, aínda que a maioría sen éxito. Nunha investigación realizada polo Instituto de Ciencias da Vida, na Universidade de Michigan, descubriuse que existe un medicamento que pode axudar a combater a obesidade, ademais da diabete e a graxa que se acumula no fígado. Trátase de Amlexanox, un medicamento que actúa como antialérxico e antinflamatorio. Ata agora só se empregou para o tratamento de alerxias, aínda que, tras varias probas en ratos obesos descubriuse que produce perda de peso e a diminución do fígado graxo. Aínda que polo de agora faltan probas para descubrir se o tratamento funciona tamén en humanos. ¿Será unha solución ou ao acabar o tratamento recuperarás máis peso do que perdiches? 

Fonte:

1 comentario:

¿Estás seguro de que queres comentar?