6 oct 2011

Un Caso de Pseudociencia Mortal


Hai poucos anos unha empresa conseguiu vender en Iraq unha serie de detectores de explosivos chamados ADÍA-651. Prometíase que estes aparatos detectarían calquera substancia explosiva, droga ou mesmo marfil. A cousa era moi impresionante xa que, ademáis de ser un detector universal de cousas chungas, todo se facía sen batería nin outra fonte de enerxía. Todo un invento que faría innecesarios, por poñer un exemplo, os actuais controis nos aeroportos. O aparato é un mango de plástico cunha vara unida por un cable a unha caixa suxeita o cinto.
O detector en cuestión e un fraude evidente, todo e palabrería sen sentido e tecnoloxía esotérica, pero ese non fui impedimento para que a empresa os vendera masivamente ao goberno iraquí. Porque a xente compra cousas que se nota que son falsas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?