14 abr 2011

Futuro Imperfecto


Futuro Imperfecto, é un libro para chorar, aprender, reflexionar, emocionarse e incluso podes chegar a rirte. Xulia, a súa autora e protagonista contanos a súa vida mediante unha especie de conto que deixa para a súa filla, Lucía.

Coñece a Nico o que será o pai de Lucía. Con el comeza unha nova vida, a vida do amor e das drogas.
Superan ese mundo pero o peor aínda está por chegar. Os dous collen SIDA.
Comeza unha vida de espera, esperar a morte.

Para min o libro é o mellor libro que lin xamáis. Fixome chorar moito e tamén pensar pero as veces fainos falla pensar. Porque nunca vos parastedes a cavilar en toda a xente que tivo e ten este problema? Toda a xente que aínda hoxe con toda a información e protección que hai, segue infecctandose? E non só iso, se non toda a xente que aínda hoxe os segue a tratar como apestados?

Non podo falar polos demais, pero si por min. Se un rapaz me gusta moito pero sei que ten SIDA, iso xa o cambia todo. Ou non?, vós non o pensariades duas veces?
E non falo de ter medo a infectarse porque sabemos que hai formas de non facelo. Falo de namorarte e durmir todos os días con alguén o que non sabes se o día seguinte vai espertar. Pero enton, non merecen que lles queiran? Pensádeo.

5 comentarios:

  1. Eu penso que nunha situación así é cando máis tes que facer que unha persoa se sinta querida e non como un apestado. Calquera pode ter SIDA, pero creo que grazas á "excelente" sociedade na que vivimos, ter SIDA relaciónase con prostitutas ou con homosexuales e isto leva case sempre ao rechazo.
    Non fagamos o que non queremos que nos fagan a nós. O SIDA pode ser unha enfermidade moi grave e nunca sabemos como se poden estar sentindo aquelas persoas que o padecen, aínda que poidamos ter unha pequena idea.
    Se estás namorado dunha persoa con SIDA quérea igualmente, segue sendo unha persoa. Devolveraslle as ganas de vivir e non se lle fará tan duro afrontar a enfermidade se sinte querida.

    ResponderEliminar
  2. Para nada digo que eu pense que non haxa que querelas, para nada. Só digo que é algo moi duro tanto como para esa persoa como para ti. Teño claro que se quero a unha persoa non o vou deixar de facer por iso, pero está claro e sendo todos sinceros, é algo que pensarias.
    Tes moita razón nese prexuizo de que o asociamos a prostitutas, homosexuais e tamén a drogadictos.

    ResponderEliminar
  3. En ningún momento dixen que ti pensases iso, é unha forma de falar. Síntoo se se entendeu mal o meu comentario.
    É obvio que o pensaríamos. Aínda así, hai que ter sangue frío para rechazar a unha persoa nesas condicións se a queres e sabes que está pasando por algo así.

    ResponderEliminar
  4. É unha situación moi dura. Si a persoa ten esta enfermidade, non pasa nada.Se queres a alguén quérela tendo o que teña, sexa como sexa...para non infectarte ti, só toma precaucións. Así que, eu opino que non é que se merecen que non lles teñamos que querer, e que temos que quererlle máis do que xa lle queríamos antes e apoiar a esa persoa , porque ese síndrome de inmunodeficiencia adquirida estalle perxudicando a vida que levaba esa persoa, como calquera outra enfermidade.
    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  5. Se tes toda a razón do mundo, se queres a alguén querelo e punto. Refirome a se non o coñeces pero sabes iso del, non sei é algo moi complicado, pero para nada penso iso.
    Sé dicía que é algo moi duro.

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?