5 jun 2011

A COMIDA BASURA PROVOCA UNHA ADICCIÓN PARECIDA A DAS DROGAS.

Un estudo realizado por científicos de The Scripps Research Institute, en Estados Unidos, revelou que os mesmos mecanismos moleculares do cerebro que propician a adicción ás drogas desenrolanse cando comemos comida basura.

A investigación, dirixida polo profesor deste instituto, Paul J. Kenny, estableceu que inxerir de maneira compulsiva comida basura, especialmente adictiva e nociva para a saúde, sería extremadamente difícil de parar, do mesmo modo que é moi difícil deixar as drogas.
No estudo, realizado con ratas, demostrouse que o desenrolo da obesidade nestes animais coincidiu cun deterioro progresivo do equilibrio químico dos circuitos de recompensa do cerebro.
Todos sabemos que comer este tipo de comida non era bo para á nosa saúde, pero non imaxinábamos que fose adictivo. Deberíamos controlar máis a nosa alimentación? Comer máis comida saudable e deixar un pouco de lado este tipo de comida aínda que nos guste moito máis?

1 comentario:

  1. Aínda que nos guste moito máis deberíamos comer máis san posto que se comemos habitualmente esta clase de comidas,produciremos alteracions dos órganos endocrinos e dos sistemas encimáticos.
    Xulia Añón Caamaño 1bac A

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?