22 may 2011

Sanidade pública ou privada?


Formularse en España esta pregunta, desde o punto de vista mundial, pode quedar algo estúpida, xa que a sanidade española é unha das mellores do mundo, mais algún pero terá, cando moitos españois acuden cada vez máis a sanidade privada. Se nos paramos a estudar a sanidade privada destacariamos a rapidez dos resultados dados, pola contra na sanidade pública ten un gran punto a favor, xa que todos podemos optar a ela. Como todo, teñen as suas desvantaxes, unha os cartos e outra as longas listas de espera. Pero, as innovacións da sanidade privada ao poder traballar con empresas extranxeiras, aportanos máis facilidades se temos unha enfermidade grave. Co cal, acudimos todos a sanidade pública por falta de capital? Ou tamén adoptamos un papel egoista e cando a sanidade pública nos ten en lista de espera acudiamos a privada?


5 comentarios:

  1. Eu creo que si, que é por falta de diñeiro. Vas ao médico público porque nel todos temos dereito a sanidade e para ir ao privado tes que ter un seguro privado ou pagar a consulta para ter dereito a ela.
    Dependendo da gravidade das enfermedades paréceme egoísmo ou non. Por exemplo,se tes que facer unha simple revisión en oftomoloxía e vas ao privado para min é egoismo porque non é grave e podes esperar pero se tes que facer un tac por culpa do cancro si vexo ven ir ao privado,pois acabas antes que no público.
    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  2. Eu opino que en moitos casos, por non dicir na maioria, tendemos a pensar que a sanidade privada é mellor polo simple feito de que haxa que invertir cartos nela. Pola contra, so acudimos a ela se consideramos que é imprescindible, porque, aínda pensando que é mellor, non tendemos a acudir a ela demasiado.
    Pero, teoricamente, ambas son boas, aínda que unha delas teña máis recursos, pero é loxico, xa que tamén conta con máis medios para conseguilos.
    Coma en todo, existen excepcións, aínda que creo que o número de Españois que acuden á sanidade pública é maior que os que acuden á sanidade privada.
    Noelia Lema Regueira, 1º Bac. A

    ResponderEliminar
  3. Sería interesante que alguén se asegurara de que eso de que a sanidade privada en España ten máis medios

    ResponderEliminar
  4. Supoño que lembrades que hai que argumentar con datos e non dar voltas a opinións que son coma o corazón, todos temos un.

    ResponderEliminar
  5. A sanidade privada en España ten numerosas vantaxes,os expertos citan estas: a velocidade coa que atenden ós pacientes, as inexistentes listas de espera e a prestación de servicios como ofrecer habitacións individuais, enviar as probas de informes rápidamente por correo, email ou mensaxes ó móvil, etc. Pero isto non quere dicir que teña mellores médicos, pero si está mellor organizada xa que tamén consta de menos pacientes que acuden a ela. Vexo ben que a xente as veces se decante por ela, non me parece unha forma egoista de actudar. Simplemente, se dispos de diñeiro suficiente e queres, non creo que lle fagas mal a ninguén. Cada un gasta os seus cartos no que quere.

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?