9 may 2011

Sabemos o que comemos?



As dioxinas son compostos químicos obtidos a partir de procesos de combustión que implican ao cloro. Estas forman parte da enorme colección de contaminantes tóxicos persistentes que os laboratorios foron ampliando ata superar as cen mil substancias químicas que impregnan produtos de consumo de todas clases. Os contaminantes tóxicos persistentes disólvense nas graxas de moitos alimentos e acumúlanse en diversos órganos, no sistema nervioso...
Unha vez chegan as dioxinas ao medio ambiente é moi difícil desfacerse delas. Como non van chegar aos nosos alimentos se están en todas partes
Estes contaminantes tóxicos chegan a nós en doses pequenas e son moi resistentes á degradación. Se inxires esa pequena dose "non pasa nada", pero se a inxires diariamente, ano tras ano, irase acumulando no teu corpo durante décadas. Tampouco pasa nada?

Fonte: XL Semanal Nº1227 - Do 1 ao 7 de Maio de 2011.

1 comentario:

  1. Si, claro que pasa algo.Eu as dioxinas compararías cunha droga. Por exemplo, se fumas un pitillo non " pasa nada" pero co paso do tempo, pódeche producir un cancro de pulmón que acabe ca túa vida. Cas dioxinas pasa exactamente o mesmo. Como afirma o primeiro enlace, estes compostos químicos tamén poden producir cancro. Un problema difícil de tratar porque as dioxinas non son fáciles de eliminar e o cancro tampouco se cura fácil, hai que collelo a tempo e aplicar a quimio; e moita xente morre por esta enfermidade. Ademáis de cancro, as dioxinas pódenche causar dor menstrual,infertilidade...
    ¡ Vaia problema !
    Myre 1ºD

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?