30 nov 2010

¿Vida en Marte?


As bacterías do río Tinto din que é posible a vida en Marte.


A conca do río tinto, rica en ferro, é un ecosistema similar ó marciano.Un equipo de científicos empregou organismos e mostras que había neste río, por esa similitude que ten co sistema marciano, e un alto porcentaxe das bacterias sobreviviron as condicións as que foron expostas.

A comunidade científica utilizou as bacterias quimiolitotrofas para facer os informes de habitalidade porque os informes que nos chegan sobre Marte indícanos que ten un importante contido de minerais e ferro na súa superficie. Someteron esas bacterias a presións de 7 milibares, temperaturas superiores a 170 º C e ós raios UV.


¿ E vos que creedes? ¿ Existirá vida no planeta roxo?

4 comentarios:

  1. Eu penso que non pode existir vida en marte, porque, a pesar de moitas probas, ata o de agora non se atopou ningunha que fora certamente razoable.
    Ademáis, se houbera vida en Marte, teríanos manifestado algun sinal non?

    ResponderEliminar
  2. Penso que non hai vida en Marte,quen dixo esto foron os científicos que fixeron a investigación,esa é a unica proba que temos de que poida existir vida en Marte.
    Eu penso que non a hai porque como sucede no artigo de que a Muralla china se vía dende o espazo,era todo unha confusión,aquí cre que sucede o mesmo,creo que non se pode creer o que están dicindo estos científicos porque,a fin de contas,as veces eles non din máis que o que lles conven.
    Xulia Añón Caamaño 1ºA

    ResponderEliminar
  3. Sorpréndeme a vosa seguridade. Algunha das dúas buscou información precisa das probas que teñen os científicos?

    ResponderEliminar
  4. En toda a información que atopei, non existen demasiadas probas concluíntes de que exista a vida en Marte, non me parecen o suficientemente convincentes. Por iso sigo pensando que non existe vida en Marte.

    Noelia Lema, 1ºA

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?