30 nov 2010

O cheiro do medo


A doutora Denise Chen, profesora asistente de psicoloxía na Universidade de Rice, en Houston, tentou averiguar se as persoas que teñen medo desprenden un aroma diferente.

Para iso, fixo ver ós seus suxeitos experimentais 13 min. da película Indiana Jones e tamén 13 min. da película Ace Ventura. Antes, baixo os brazos, colocoulles panos de gamuza. Despois, Chen introduxo os panos en xerras de cristal e conxelounos a -44 Cº. Unha semana despois, Chen desconxelou os paños e fíxollos cheirar ós seus suxeitos. Según Chen, experta no campo da chamada “comunicación olfativa da emoción”, o medo produce sinais químicas e cambios no cheiro corporal, como tamén o fai a felicidade. Os homes que cheiraban os panos impregnados de medo, aumentaban os seus niveis de precaución e vixilancia, pois os suxeitos que cheiraban este aroma sacaban mellores resultados nas probas de asociación de palabras.

Opinión persoal: Pareceume unha investigación cuns resultados moi curiosos, pois sempre falamos de que os animais cheiran o medo, e parece que agora o podemos dicir cun sentido literal. ¿Será este mesmo olor o que perciben os animais? O que máis me chamou a atención foi o aumento nos niveis de precaución e vixiancia dos homes, sabendo isto… poderíase encontrar unha maneira de utilizar estes cheiros para aumentar a atención do home en momentos como un exame, unha conferencia, etc.?

2 comentarios:

  1. Opino que isto pode tratarse de Ciencia, xa que, o que todos cremos e dicimos na vida cotiá e que se pdoe cheirar o medo, pero ata agora non había probas contrastables de que iso fose certo.
    Con esta investigación, xa pdoemos dar por feito que a hipótese que seguramente nos fixemos a maioría, é certa.

    ResponderEliminar
  2. Opino que isto pode tratarse de Ciencia, xa que, o que todos cremos e dicimos na vida cotiá e que se pdoe cheirar o medo, pero ata agora non había probas contrastables de que iso fose certo.
    Con esta investigación, xa pdoemos dar por feito que a hipótese que seguramente nos fixemos a maioría, é certa.

    Noelia Lema, 1ºA

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?