30 nov 2010

O casco de Deus: ¿o artefacto que sirve para ver máis alá?


Se un sente que Deus existe, tende a pensar que é así, ¿onde quedarían estas sensacións se se puideran inducir con un artefacto?

Esa é precisamente a función do casco de Deus, que se garda no laboratorio de neurociencia do doutor Michael Persinger, en Sudbury. O casco está cheo de imaxes e cables e serviu para levar a cabo 25 anos de experimentos con diferentes suxeitos, que foron expostos a pequenos campos electromagnéticos. Tras un rato con este casco enchufado, o 90% dos suxeitos (ateos ou crentes) afirman experimentar una presencia extraña. Dependendo das crenzas, o suxeito experimentará a presenza de Xesús ou dalgún outro ente sobrenatural. Incluso un dos suxeitos criu sentir a cércana do demo. O casco de Deus simplemente acende a chispa na parte do cerebro onde nacen esos pensamentos místicos e espirituais.

Opinión persoal: O feito de que os suxeitos deste experimento afirmen e aseguren que é realmente Deus o que están a sentir fai deste artigo un artigo pseudocientífico, pois principalmente están dar por sentado que Deus (ou no caso doutros suxeitos, o demo) existe, cando non hai ningunha prova que o demostre, mostrando unha actitude totalmente relixioasa (o contrario por excelencia da ciencia).

2 comentarios:

  1. Tamén estou de acordo con que se trata de algo pseudocientífico, xa que non temos probas contundentes, porque os suxeitos, ao ser crentes, pode que digan só o que supostamente se quere oír para rematar dunha vez por todas coa dúbida de se Deus existe ou non. Por outra parte, tamén pode ser que estes suxeitos acordasen anteriormente o que ían decir para logo non contradecirse.
    Evidentemente, mentres non existan probas máis contundentes, non poderemos saber a ciencia certa se este casco funciona ou non, simplemente teremos crenzas pseudocientíficas.

    ResponderEliminar
  2. Tamén estou de acordo con que se trata de algo pseudocientífico, xa que non temos probas contundentes, porque os suxeitos, ao ser crentes, pode que digan só o que supostamente se quere oír para rematar dunha vez por todas coa dúbida de se Deus existe ou non. Por outra parte, tamén pode ser que estes suxeitos acordasen anteriormente o que ían decir para logo non contradecirse.
    Evidentemente, mentres non existan probas máis contundentes, non poderemos saber a ciencia certa se este casco funciona ou non, simplemente teremos crenzas pseudocientíficas.

    Noelia Lema, 1ºA

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?