21 nov 2010

Conferencia sobre a doazón de órganos


Antón Fernández, médico do Juan Canalejo, xunto con Xosé Manuel, receptor de órganos, transladáronse hasta o IES de Ponteceso para concenciar aos alumnos de 1º de BAC sobre a importancia do transplante e doazón de órganos.

Galicia está entre as comunidades españolas que maís baixo ten o índice de doazón. Para cambiar esto debemos entender a importancia que ten e o que supón facernos doadores de órganos xa que grazas a eso podemos salvar moitas vidas, ata sete cos órganos de un só corpo. Axudar aos demais está nas nosas mans. ¿Por que non facernos doadores?

3 comentarios:

  1. Na miña opinión penso que para as persoas as que lles facele un familiar é moi duro doar os seus organos.
    Fai anos que se están a facer estos transplantes máis hai moita xente que pensa que os corpos non quedan en bo estado,pensan que quedan desfeitos.
    Opono que se debería informar máis a xente sobre esto porque...acaso non nos gustaría ser transplantados a nos e poder seguir vivindo.A min sí!
    Xulia Añón Caamaño 1ºA

    ResponderEliminar
  2. Primeiro dicir que a charla estivo moi ben.
    É unha pena que vaiamos pola cola en doar órganos. Creo que a xente non está concienciada, e eu son a primeira. Pero na charla decateime de unha cousa, ¿ e o día que che fagan falta a ti, que?
    Temos que pensar que podemos salvar vidas, e ademáis, xa non digo en vida porque podes doar pouquísimos órganos, pero cando morreches... ¿ Que máis ten? Sexamos solidarios e poñámosnos na pel de esas persoas que están nesa lista de espera e que cada día que pasa ven que a súa esperanza de vida, baixa.

    Myrella 1º BACH D

    ResponderEliminar
  3. O de vir dar a charla foi un gran acerto, xa que nos concienciaron un pouco máis das vidas que se poderían salvar tan só cos órganos dunha persoa, para canto máis se todos nos facemos doadores. Penso que non estamos tan concienciados porque nos tempos actuais deixamonos levar moito pola publicidade, e a doazón de órganos non está moi publicitada, e con isto quero decir que hai moita xente que non está ao tanto de os pros de doar os órganos e que descoñece o asunto totalmente. E con respeto a opinión de Xulia, penso que si lle pode costar a unha familia doar os órganos, pero porque nos costa tanto dar se cando o precisamos queremos recibir? Esa xente só necesita vivir un caso de cerca para darse conta do beneficioso que é, nos tempos de hoxe, doar órganos. Así o nivel de vida crecerá e non haberá tanta xente sufrindo por estar sen un órgano.

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?