19 feb 2015

Transplantes de cerebro

Jesús Ferrero escribiu un libro no que se daba un transplante de cerebro; pero... é isto posible?  Hoxe en día, non é posible, mais, se o fora, o transplantado adquiriría co cerebro todos os recordos do donante, os seus segredos, a súa maneira de ver o mundo, etc.?




LAMARCK EQUIVOCADO?

Sempre nos dixeron que Lamarck se equivocou na sua teoría. Pero isto é de todo certo?. Poden heredarse caracteres adquerido?

18 feb 2015

Pikaia


O Pikaia habitaba os mares do Cámbrico Medio. Posuía segmentos musculares chamados miómeros.
Que parecido gardamos os seres humanos con esta criatura ancestral?

O sarro de fai mil anos



     O estudo realizado da flora microbiana da boca permite saber máis sobre a evolución dos seres humanos.  Entre os encontrados atópase o sarro. Pódese saber realmente máis sobre os  humanos a través do sarro?

Os microbios que comemos


La teoría del todo (película)



Esta película móstranos unha biografía visual de Stephen Hawking, pasando polas súas traxedias e triunfos. Un filme entretido e á vez divulgativo.


"Las abducciones...¡vaya timo!"

Neste libro o autor fai un percorrido dende as primeiras abduccións reportadas ata os nosos días, mostrándonos como cambiaron as historias que se contaron destas ó longo do tempo.
 Se queres saber de onde saíu o típico "gris", o que lle fan os alieníxenas aos abducidos ou mesmo obter datos para a túa futura declaración cando este tipo de seres te abduzan, este é o teu libro; ​mais coida non perderte con todas as referencias a libros e películas sobre extraterrestres que nos brinda o autor!