26 dic 2014

Entradas da segunda avaliación 14-15

Unha vez superada a proba inicial da primeira avaliación, chega o momento de evolucionar. Neste novo trimestre as entradas deben cumprir unhas condicións máis estritas que na avaliación anterior:
  • O tema de todas as entradas debe estar relacionado coa evolución ou coas pseudociencias, os temas que trataremos nesta avaliación.
  • Calquera entrada que copie fragmentos da fonte será desestimada. Lembrade que a fonte é imprescindible.
  • Non admitirei más de catro entradas da mesma fonte xeral. (Cada alumno poderá empregar dúas veces a mesma fonte xeral)
  • Todas as entradas deberán dar lugar a unha polémica referida á controversia ciencia-pseudociencia ou a relación dos avances científicos coa sociedade.
  • Lembrade que os comentarios tamén se valoran.
  • As entradas deben ser curtas e incluír hipervínculos, etiquetas e, algo moi importante, referencias que nos permitan analizar as fontes de cada entrada.
A partir deste momento tedes as portas do blog abertas. Ánimo e a traballar.

16 dic 2014

Neurociencia para Julia

Un tema moi difícil moi ben explicado. Dende a explicación dos soños ata os cegos que ven, a neurociencia para todas as mentes.

Rita Levi-Montalcini por June e Lucía

El cosmos en la palma de la mano-Manuel Lozano Leyva

Así a simple vista está foto pode parecer un tanto extraña,por eso mesmo explicareivos a súa interpretación.Con ela intento representar os términos:tempo,espazo e enerxía.Que son factores a ter sempre en conta e que están mencionados continuamente neste libro.Pero non vos alarmedes ten unha linguaxe sinxela e non resulta complicado a hora de leelo.
"Los inventores de enfermedades" un libro perfecto para aquelas persoas as que lle guste a menciña e teñan curiosidade por saber como funciona este mundo, achega datos tan curiosos como que o colesterol malo non existe,que cada segundo cinco homes no mundo toman Viagra, que existe unha pastilla para a intelixencia...

14 dic 2014

O elixir da morte


O outor deste libro adéntranos nun percorrido pola historia dos velenos, dende o seu uso na Grecia Antiga ata o asasinato dun espía ruso na actualidade, pasando pola misteriosa morte de Napoleón e o extraño caso das bruxas de Salem.