8 jun 2014

La ciencia como calamidad

Xa estamos rematando a aventura deste curso e chega o momento de facer unha recomendación especial. Este libro non vale para todos os públicos xa que trata un tema que preocupa pouco nesta sociedade, pode ser un problema ser un analfabeto científico? É un inculto quen afirma non saber de números?

7 jun 2014

E SE POR ERRO OLVIDAMOS ALGO IMPORTANTE?

Novedoso estudio da revista Science revela unha relación entre o "olvido" e os recordos. Hai cousas que o noso cerebro decide olvidar para poder recordar as cousas impotantes, o que nos leva a preguntarnos, o olvido danos a memoria?

LA CIENCIA CONTRA EL CRIMEN



           A ciencia cada vez máis se vai incluíndo en todo o que nos rodea, incluso na criminoloxía. La ciencia contra el crimen proba como a ciencia perfeciona e axuda as técnicas criminalísticas facendo que a estas non se lles esconda ningún detalle.

A viagra e a distrofia muscular.

Un grupo de nenos españois de 7 a 14 anos participou nun ensaio internacional formado por catro hospitais do noso país no que se investigan os efectos da viagra sobre a dexeneración muscular da enfermidade de Duchenne.
De ter un fill@ con esta enfermidade, deixarías que tomase viagra como medicamento terapéutico?

6 jun 2014

A peor pandemia da historia foi unha gripe

A gripe española, que nun só ano chegou a matar entre 50 e 100 millóns de persoas en 1918, foi unha mutación do coñecido recentementeH1N1, que no 2009 apareceu como cepa denominada gripe A. Esta, en contraste coa gripe española "só" matou a 19000 persoas. En case cen anos vese unha clara melloría na prevención e tratamento deste tipo de virus, esto quere dicir que as mortes debido a estas pandemias deixarán de existir ou o virus mutará e será moito máis forte?


http://www.elcorreo.com/vizcaya/20140429/mas-actualidad/sociedad/gripe-espanola-mato-tanta-201404282052.html

DONOS COMPLETOS DA NOSA APARIENCIA

Investigadores da universidade de Stanford en California descubriron que únicamente a sustitucion de unha das catro letras do ADN en un punto clave do xenoma humano é o que cambia a actividade dun xen concreto que conduce ao pelo rubio. igual que agora sabemos que controla a cor do pelo poderemos saber que contola as enfermidades e asi combatilas mellor?

O superantibiótico chegou

Este novo antibiótico chamado oritavancina ten a mesma eficacia que dez días de tratamento intravenoso nun hospital e é capaz de erradicar ata as infeccións bacterianas máis graves cunha soa dose. Esta é a fin dos problemas coas bacterias no ser humano? 

http://www.sefh.es/sefhboletin/vernoticiaboletin.php?id=5396