26 dic 2013

Entradas da 2ª avaliación 2013-14

Unha vez superada a proba inicial da primeira avaliación, chega o momento de evolucionar. Neste novo trimestre as entradas deben cumprir unhas condicións máis estritas que na avaliación anterior:
  • O tema de todas as entradas debe estar relacionado coa evolución ou coas pseudociencias, os temas que trataremos nesta avaliación.
  • Calquera entrada que copie fragmentos da fonte será desestimada. Lembrade que a fonte é imprescindible.
  • Non admitirei más de catro entradas da mesma fonte xeral. (Cada alumno poderá empregar dúas veces a mesma fonte xeral)
  • Todas as entradas deberán dar lugar a unha polémica referida á controversia ciencia-pseudociencia ou a relación dos avances científicos coa sociedade.
  • Lembrade que os comentarios tamén se valoran.
  • As entradas deben ser curtas e incluír hipervínculos, etiquetas e, algo moi importante, referencias que nos permitan analizar as fontes de cada entrada.
A partir deste momento tedes as portas do blog abertas. Ánimo e a traballar.

21 dic 2013

Exemplo de entrada para a 2ª Avaliación

Xa levamos tres meses discutindo sobre ciencia e pseudociencia, e a cousa parece non ter fin. Cada día xorden novos temas: é un timo a vacina da gripe? debe a homeopatía incluírse na Seguridade Social?... en quen confiamos?
Hai que analizar cada caso. Por exemplo, nestas viñetas, cal destes dous científicos matén unha actitude científica?
E non poño fonte porque a entrada saiu da miña cabeciña que non para.

18 dic 2013

METEORITOS

Recoméndolle este libro a alguén que teña un certo coñecemento sobre os meteoritos, porque trata cuestións mui curiosas sobre eles. Como poden ser a súa orixen as súas edades ou como chegan ao noso planeta.
Este libro non é recomendable para persoas que non teñan ningún tipo de interés sobre a astronomía nin o estudo de meteoritos, xa que os temas a tratar lle resultarían un pouco aburridos.

15 dic 2013

O universo para curiosos

Cando son as choivas de estrelas? Pois tedes unha moi pronto. Esta e outras moitas cuestións nun libro que merece ser regalado.

11 dic 2013

Paneis solares na Lúa.

Unha compañía xaponesa de inxeñería civil e construcción quere construir paneis solares na Lúa. Este proxecto, chamado Luna Ring, implicaría a construcción dunha cinta xigantesca de paneis solares ao redor do ecuador da Lúa, chegando a cubrir unha extensión de 11000 kilómetros de largo.
Terá este proxecto unha base científica para poder levarse a cabo ou será imposible de realizar?

Hipatia de Alexandría