11 dic 2013

Paneis solares na Lúa.

Unha compañía xaponesa de inxeñería civil e construcción quere construir paneis solares na Lúa. Este proxecto, chamado Luna Ring, implicaría a construcción dunha cinta xigantesca de paneis solares ao redor do ecuador da Lúa, chegando a cubrir unha extensión de 11000 kilómetros de largo.
Terá este proxecto unha base científica para poder levarse a cabo ou será imposible de realizar?

Hipatia de Alexandría

9 dic 2013

Captura dun asteroide


A NASA planea unha misión para o 2019 consistente en capturar un asteroide (cunha rede en forma de bolsa) e remolcalo ata a Lúa para poder estudalo e analizalo. Esta misión será a antesala ao primeiro viaxe tripulado a Marte establecido no 2030.
Poderemos obter datos de vida dos lugares por onde viaxou o asteroide?
Fonte: http://www.ojocientifico.com/4319/la-nasa-capturara-un-asteroide-en-2019

Descuberto novo Sistema Solar


Astrofísicos descubriron un sistema planetario cunha estructura moi similar ao noso: sete planetas xiran ao redor da estrela KOI-351, os rochosos máis preto e os gasosos máis afastados; o tamaño e os períodos orbitais dos planetas tamén coinciden en certa medida. Este achado pode ser importante para a búsqueda de planetas extrasolares e de máis sistemas planetarios derredor de estrelas próximas.
Pode ser este o lugar de orixe da vida extreterrestre?
Fonte: http://ecodiario.eleconomista.es/interstitial/volver/cetelem/ciencia/noticias/5354732/11/13/Descubren-un-nuevo-sistema-solar-de-siete-planetas.html


Baile de buracos negros


Astrónomos descubriron nunha galaxia remota dous buracos negros que semellan bailar entre sí. Cren que se debe a que un chorro dun se moviu cara o outro como unha danza con cintas, polo que os dous buracos negros deberán estar moi preto e gravitacionalmente entrelazados.
Ocasionará este baile cósmico un choque que destruirá o Universo?
Fonte: http://www.eluniversal.com.mx/ciencia/2013/agujeros-negros-bailan-81862.html

Biografía da Terra

Hai quen ve Sálvame para cotillear na vida de alguén. Eu prefiro ler directamente esas historias e quen mellor para contalas que Francisco Anguita, un dos mellores divulgadores científicos españois.

8 dic 2013

Tormenta en Xúpiter.


A gran mancha vermella de Xúpiter é unha tormenta colosal que se iniciou fai séculos e que aínda non se detivo. Esta, desafía as explicacións científicas convencionais, xa que debería haber desaparecido co tempo. Agora uns especialistas prepararon un novo modelo para explicala. Este di que o movemento vertical do aire é a clave para explicar a larga presenza da mancha vermella. Aínda así saben que este modelo non pode explicar completamente a súa larga duración. Cal será o motivo exacto da perdura da mancha?