7 dic 2013

AFECTA A LÚA O SONO?

O que era para moitos un mito, xa foi confirmado. Os científicos da Universidade de Basel en Suíza corroboran que o sono vese afectado dependendo do ciclo lunar no que esteamos. Este estudo demostrou que durante a lúa chea a actividade cerebral relacionada co sono profundo baixa un 30% e ademais tardamos 5 minutos máis en durmirnos e temos un promedio de 20 minutos menos de sono durante a noite. Aínda así, hai moitas incógnitas sobre este tema. Pero... tratase isto dunha afirmación con base científica?

Fontes: http://www.ojocientifico.com/5126/la-luna-afecta-el-sueno

O PRIMEIRO SATÉLITE DA ONU É VIGUES



O segundo satélite lanzado pola Universidade de vigo, foi envidado con éxito ao espacio esta semana dende Rusia. Outra das novas e que se anunciou o enviu dun terceiro no vindeiro ano. Estes proxectos están orientados ao desenvolvemento do sector espacial, pero tamén serán usados comercialmente para o control de caladoiros, estudos de agricultura ou de contaminación.
Chegaremos a ser unha potencia no ámbito espacial?

O hexágono misterioso de Saturno.


Situado no polo norte da atmosfera de Saturno, atópase un xigantesco hexágono, unha das estruturas máis misteriosas do Sistema Solar. Este hexágono é unha corrente de aire con uns ventos de ata 320Km por hora de 30.000Km de ancho. No seu centro collen catro Terras. Responde a un patrón regular de círculos concéntricos, espirais e figuras serpenteantes. É coñecido desde fai tres décadas. Pero… É posible cos medios actuais atopar unha explicación científica para este misterio?

Fontes http://www.abc.es/ciencia/20131205/abci-misterioso-hexagono-saturno-visto-201312051055.html

Quedaremos sin telecomunicacións?




O campo magnético creado pola Terra está invertindo os seu polos sur e norte. Este fenómeno que soe repetirse cada 200 mil anos, podería causarnos un grande caos, xa que o campo magnético influiría en moita tecnoloxía que usamos. Ademáis, podería afectar a nosa saude, xa que unha das súas  misións e protexernos do vento radiactivo. Debido a importancia que tería este fenómeno para o noso día a día estase a realizar unha misión para estudar os cambios que se están a experimentar. Poderemos quedar nuns anos sin telecumunicacións?



Cerebro diferente segundo o sexo.


Un grupo de científicos estadounidenses descubriron que o cerebro de homes e mulleres ten unha estructura diferente. O seu estudo demostra que os homes teñen unha maior conectividade entre a parte anterior e posterior do cerebro e entre as distintas emisións de cada hemisferio, o que favorece a súa capacidade de percepción e coordinación. Pola contra, as mulleres presentan maior actividade entre os dous hemisferios, o que potencia a capacidade analítica e intuitiva.
Será este estudo científico?

Vida pasada en Marte.


A NASA afirma que un cráter de Marte, coñecido coma o cráter Gale, contiña un lago que durou durante miles de anos. Crese que este lago tiña as condicións necesarias para que puideran desenrolarse uns microbios que se encontran na Terra, aparte doutros microorganismos.
Será certo que houbo vida en Marte? E, de ser así, A vida terrestre puido descender da de Marte?
Fonte: http://spanish.peopledaily.com.cn/92121/8476814.html

6 dic 2013

Novos datos sobre o bosón de Higgs


Dende o achado do bosón de Higgs no 2012 só se contemplaba a súa desintegración nos bosóns (partículas simples e indivisibles que compoñen a materia), pero físicos que traballan no experimento ATLAS no LHC documentaron que esta desintegración tamén se pode producir en fermións (outro subgrupo de partículas). O experimento ten un alto nivel de certeza polo que os científicos esperan obter grazas a este máis información sobre o bosón e sobre outras partículas subatómicas.
Se seguimos procurando datos do bosón de Higgs confirmaremos o actual paradigma ou pola contra demostraremos que as nosas teorías son erróneas?
Fonte: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/descubren-que-el-boson-de-higgs-se-desintegra-tambien-en-fermiones-491385989692